Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
XUNTANZA ANUAL
A nova Lei de Caza, foco de atención da Asemblea federativa deste ano
4/4/2013

O vindeiro sábado 13 de abril terá lugar a Asemblea Xeral da Federación Galega de Caza co novo texto cinexético como protagonista.

Un ano máis a Federación Galega de Caza convoca aos máis de cen membros do seu máximo órgano de representación para a xuntanza na que se debaten e aproban as liñas mestras de traballo da Federación durante os vindeiros doce meses.

O Salón de Actos da Secretaria Xeral para o Deporte, no Estadio Multiusos de San Lázaro, en Santiago de Compostela, será novamente o escenario escollido para repasar o último ano de xestión e preparar o vindeiro, a partir das 10.00h da mañá.

A aprobación das contas e da actividade federativa desenvolvida durante o pasado ano son algúns dos puntos da orde do día. As competicións tamén terán o seu necesario papel na xuntanza, pois establecerase o calendario e a normativa para a vindeira tempada deportiva cinexética; pero o foco de atención estará na polémica suscitada entorno ao Anteproxecto da nova Lei de Caza de Galicia sobre o que a FGC informará de tódolos pasos dados durante o último ano así como establece-la  folla de ruta a seguir no caso de que as aportacións federativas no se vexan reflectidas no novo texto.

A FGC agarda unha asistencia masiva a esta xuntanza á que máis de cen asembleístas están convocados e case cincocentas sociedades de caza están invitadas a participar para achegar aos responsables federativos as súas inquedanzas e reclamacións.

em
 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

ASEMBLEA XERAL - CURSOS FORMACIÓN
02/12/2024
Unanimidade nos acordos da Asemblea Xeral e entrega dos Diplomas dos Cursos de Formación

MUTUASPORT - ARTEMISAN - RFEC
29/11/2024
Os cazadores federados invirten na defensa da caza e conservación das aves migratorias

AFECTADOS DANA
11/11/2024
Os cazadores españois doan 24.000€ aos afectados pola DANA

PROXECTO ARCEA
21/10/2024
Gran aportación dos cazadores galegos para o censo das arceas


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza