Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
TIRO
Clase maxistral de tiro en Rio Sar a cargo de Diego Martínez Eguizábal
1/4/2013

Ata 25 tiradores foron partícipes das ensinanzas do Mestre rioxano

Esta fin de semana, as instalacións da Sociedade Deportiva “Rio Sar”, en Vilouchada – Chaián, Trazo (A Coruña), acollía o Curso Teórico-Práctico de Tiro nas modalidades de Percorridos de Caza e Compak Sporting, que a propia Sociedade Rio Sar, en colaboración coa Federación Galega de Caza, organizaba.

O encargado de impartir este curso era o tirador rioxano, varias veces Campión de España e Campión do Mundo, Diego Martínez Eguizábal quen se achegaba a terras galegas para transmitir parte da súa experiencia e habilidade aos tiradores inscritos no curso.

A xornada comezaba ás 9.00h da mañá, cun acto de inauguración a cargo do Presidente da Federación Galega de Caza, Javier Nogueira. O Presidente da Sociedade Deportiva Rio Sar, José Luis Sánchez Mancebo, presentaba ao Mestre Diego Martínez para logo dar paso a unha charla teórica sobre armas, adaptación ás mesmas para maior efectividade no tiro e técnicas de  tiro.
Ás 12.00h tirador por tirador foron facendo unha demostración práctica de encare, seguimento e plomeo das armas, para logo recibir unha clase práctica de tiro sobre pratos de percorridos de caza. Seguidamente tiña lugar o pertinente descanso e xantar que se pechaba coa despedida do Presidente da FGC, Javier Nogueira.

A xornada de tarde comezaba ás 16.30h cunha clase práctica, coa supervisión do Mestre Diego Eguizábal,  sobre unha serie de Compak Sporting. Arredor das 20.00h dábase por concluída esta xornada de enriquecemento técnico e práctico de tiro, que tanto pola asistencia como pola organización foi moi ben valorada por tódolos participantes.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

CAMPIONATO XUNTA GALICIA ARCEAS
16/12/2024
O Autonómico de Caza de Arceas decidirase en Antas de Ulla

PROVINCIAL PONTEVEDRA ARCEA
16/12/2024
José Antonio Vasconcellos con “Azor” proclamouse campión provincial na Lama

PROVINCIAL LUGO CAZA ARCEAS
25/11/2024
Manuel Rodríguez coa setter “Huma do Yelsar” gañador en O Corgo

CAZA MENOR
04/11/2024
Alfonso García coa setter “Jara” proclamouse Campión Galego de Caza Menor en Portomarín


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza