Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
LEI DE CAZA
Xuntanza coa portavoz da Área de Medio Ambiente do PSdeG no Parlamento
21/3/2013

Representantes federativos mantiveron onte pola tarde unha primeira toma de contacto con Patricia Vilán, portavoz da área de medio ambiente do PSdeG no Parlamento de Galicia, para expoñerlle as inquedanzas do colectivo cinexético fronte ao Anteproxecto da Lei de Caza, e entregarlle o  dossier  coas achegas da federación, ademais de explicarlle polo miúdo a situación que podería xerarse no caso de que non se modifique o Artigo 60 (a responsabilidade polos danos), o que mesmo podería facer que moitas das sociedades de caza de Galicia tiveran que disolverse por non poder facerlle fronte aos gastos dos seguros e dos danos. Tamén se lle informou dos problemas que xerarían as zonas de seguridade, xa que toda Galicia está atravesada por estradas, camiños e corredoiras, ao tempo que se fixo especial fincapé en que tódolos colectivos amantes do monte e da natureza conviven sen ningún problema, e que apenas se deu ningún caso de accidentes de caza con persoas alleas á actividade cinexética.

Falouse amplamente sobre a connotación social que ten a caza en Galicia, e a súa especial tradición no rural galego, onde a caza é a actividade deportiva máis practicada.

O tema da idade de incorporación dos mozos á práctica cinexética foi outro dos puntos máis analizados, os federativos explicaban á representante parlamentaria que Galicia é a única CCAA na que non se pode cazar aos 14 anos, idade que por outro lado establece o Regulamento de Armas para obte-lo permiso, e semella paradoxal que un rapaz de 14 anos poida obte-la licenza para utilizar armas e sen embargo non poida cazar. A FGC, a pesar de non propoñer a idade de 14 anos, que por certo se recibiu xa como ferramenta de traballo incluída no primeiro borrador, defende esta idade mínima en aras de harmoniza-la lei coas do resto de Comunidades; é máis, apuntan os federativos que en todo caso cazar con 14 anos non significa unicamente utilizar armas de fogo pois existen outras modalidades practicadas polos mozos, como a caza con cans, con aves de cetraría ou con arco.

A Deputada, comprometeuse a estudar e analizar en profundidade as achegas da Federación Galega e posteriormente convocar á comisión de caza a unha nova xuntanza no Parlamento de Galicia.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

ASEMBLEA XERAL - CURSOS FORMACIÓN
02/12/2024
Unanimidade nos acordos da Asemblea Xeral e entrega dos Diplomas dos Cursos de Formación

MUTUASPORT - ARTEMISAN - RFEC
29/11/2024
Os cazadores federados invirten na defensa da caza e conservación das aves migratorias

AFECTADOS DANA
11/11/2024
Os cazadores españois doan 24.000€ aos afectados pola DANA

PROXECTO ARCEA
21/10/2024
Gran aportación dos cazadores galegos para o censo das arceas


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza