A comisión cinexética da Federación Galega de Caza mantivo no día de onte unha nova xuntanza co gallo da nova Lei de Caza, na que informou ao conselleiro de que o actual anteproxecto da Lei de Caza, tal e como está redactado neste momento, poñería en perigo de extinción a actual estrutura da caza social en Galicia.
Polo tanto, a comisión da FGC trasladoulle a opinión do sector, a través dun documento coas principais eivas que contén e as apreciacións que dende o sector cinexético lle parecen xustas e precisas. Estas reivindicacións contan ademais co apoio, tanto das sociedades de caza como doutras asociacións cinexéticas externas á Federación, que nas últimas semanas manifestaron o seu apoio á postura federativa.
O titular da Consellería mostrouse receptivo e mesmo emprazou a comisión para unha futura xuntanza antes do definitivo trámite parlamentario