Triste remate da tempada de caza do xabaril
Na xornada do pasado sábado 16 de febreiro os cazadores galegos acollían a triste noticia do falecemento dun xoven cazador, de 29 anos de idade, ao precipitarse ao río Navia.
No transcurso dunha batida ao xabaril celebrada no concello lucense de Becerreá un cazador falecía ao tentar recuperar un can e precipitarse ao río Navia. De todos é sabido a importancia dos cans de caza para os cazadores, que neste caso levouse consigo a vida deste xoven cazador.
Dende a Federación Galega de Caza quérese transmitir o máis sentido pésame a familia e compañeiros do falecido así como o conxunto de cazadores da comarca de Becerreá.