Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
ACCIDENTES
O Presidente da FGC reuníase en Madrid cos responsables de Mutuasport para axiliza-los trámites dos accidentes da pasada fin de semana
23/7/2012

O luns a FGC convocaba unha rolda de prensa para analizalo sucedido.

Os accidentes da pasada fin de semana, con dous cazadores federados falecidos, en Vila de Cruces e Vilalba, e un ferido en Carballo, sorprendían á Federación Galega de Caza que, ante a alarma social que se estaba a xerar, convocaba unha rolda de prensa para a mesma tarde do luns, mentres que o Presidente, Javier Nogueira, desprazábase a Madrid para reunirse cos responsables da Mutua de Seguros Deportivos “Mutuasport”. Nogueira, que ocupa tamén o cargo de Conselleiro Delegado de Mutua, era recibido polo Presidente, a Xerente, o Conselleiro Delegado de Sinistros e o Asesor Xurídico da entidade que, tras manifestárlle-las súas condolencias ao Presidente dos cazadores galegos, comprometíanse a axiliza-los trámites e as indemnizacións ás familias.

Pola tarde, o Vicepresidente, José Luís Valcárcel, poñíase ao fronte da Federación e presidía a rolda de prensa, acompañado do Presidente Provincial da FGC en Pontevedra, do Secretario Xeral, do Tesoureiro, e do Vocal da FGC e Presidente da Sociedade de Cazadores de Silleda. Valcárcel arrancaba a súa exposición manifestando a súa sorpresa coa alarma social xerada,  e sinalaba que se producen máis accidentes noutro tipo de actividades deportivas, e nin que dicir ten o exceso de velocidade ou a alcolemia vinculada cos accidente de circulación, e non por iso se demonizan nin se crea a alarma social coma ca caza, ao tempo que pedía o mesmo tratamento de respecto para os accidentes que custaron a vida aos dous mozos de Silleda e Vilalba.

O Vicepresidente deu a coñecer as estatísticas da sinistrabilidade na caza entre o colectivo de cazadores federados, que en Galicia nos últimos cinco anos sitúanse en dous cazadores falecidos, e matizaba que a pesares de ser unha desgraza non é para alarmarse dada a orografía da nosa comunidade e o número de cazadores que practican este deporte. Tamén falou da estrita regulación da caza, e explicou que os cazadores noveis deberán superar previamente un exame de armas e un exame de caza para poder saír ao monte.

Os representantes federativos sinalaron que, independentemente da lexislación sobre a materia, a Federación pola súa parte organiza xornadas de divulgación e dita normas para a prevención deste tipo de accidentes, nas que se aconsellan, e mesmo se fomentan mediante campañas de distribución de chalecos, o uso de roupas de cores vivos ou fluorescentes, a utilización dun pucho de cor vistoso, e as emisoras de caza que tamén aportan seguridade porque grazas a elas os cazadores saben onde está situado cadaún dos membros da cuadrilla. Informouse tamén de que o proxecto da nova Lei de Caza de Galicia, paralizado por mor das pasadas eleccións autonómicas, contempla o uso obrigatorio do chaleco.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

ASEMBLEA XERAL - CURSOS FORMACIÓN
02/12/2024
Unanimidade nos acordos da Asemblea Xeral e entrega dos Diplomas dos Cursos de Formación

MUTUASPORT - ARTEMISAN - RFEC
29/11/2024
Os cazadores federados invirten na defensa da caza e conservación das aves migratorias

AFECTADOS DANA
11/11/2024
Os cazadores españois doan 24.000€ aos afectados pola DANA

PROXECTO ARCEA
21/10/2024
Gran aportación dos cazadores galegos para o censo das arceas


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza