Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
CAZA MENOR CORUÑA
Jorge Amado foi o gañador en Corme
5/11/2012

Campionato Provincial de A Coruña de Caza Menor con Can

O pasado 3 de novembro tivo lugar na parroquia coruñesa de Corme, concretamente no Tecor da Sociedade de Cazadores Bergantiños Sur, o Campionato Provincial de A Coruña de Caza Menor con Can organizado pola Federación Galega de Caza de A Coruña e contando coa colaboración de dita Sociedade de Cazadores.

A proba acudiron un total de 20 cazadores cos seus respectivos cans, tomando a saída as 9 horas. A xornada transcorreu sen imprevisto, destacando o bo número de perdices capturadas e avistadas polos cazadores. A excepción do participante Rubén Boquete Varela, que tivo unha demora de 14 minutos, o resto de participantes fixeron a súa entrada no control dentro do horario previsto pola organización.

Unha vez feita a comprobación das pezas o Xurado de Competición composto por Manuel Vázquez Gómez e Emilio Vila Torreira e o Director da Proba, Ramón Bertoa Suárez deuse a coñecer a clasificación final resultado do seguinte xeito:

Con dúas perdices abatidas e un total de 1.020 resultou gañador o cazador Jorge Amado Sambade converténdose deste xeito no novo Campión Provincial da especialidade. Co mesmo número de puntos e pezas abatidos acadaba o subcampionato Pedro Rodríguez Sanjurjo. Xa en terceira posición clasificábase Ignacio Dopico García, tamén con 2 perdices e 1.020 puntos.

A estes tres cazadores súmanselles os participantes Artemio Formoso Barro, Javier López Cendan e Juan José Canosa Vigo, formando a representación de A Coruña para o vindeiro Campionato Galego de Caza Menor con Can.
 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

CAMPIONATO XUNTA GALICIA ARCEAS
16/12/2024
O Autonómico de Caza de Arceas decidirase en Antas de Ulla

PROVINCIAL PONTEVEDRA ARCEA
16/12/2024
José Antonio Vasconcellos con “Azor” proclamouse campión provincial na Lama

PROVINCIAL LUGO CAZA ARCEAS
25/11/2024
Manuel Rodríguez coa setter “Huma do Yelsar” gañador en O Corgo

CAZA MENOR
04/11/2024
Alfonso García coa setter “Jara” proclamouse Campión Galego de Caza Menor en Portomarín


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza