Campionato Provincial de Ourense de Caza Menor con Can
O pasado sábado 27 de outubro tivo lugar no Tecor de Xinzo de Limia a fase provincial de Ourense de Caza Menor con Can organizado pola Federación Galega de Caza en Ourense contando coa colaboración da Sociedade de Cazadores de Xinzo de Limia.
Á proba acudiron un total de 7 participantes e unha vez feito o sorteo de xuíces, os cazadores tomaban a saída ás 9 horas da mañá. A xornada transcorreu sen imprevistos, destacando a numerosa caza avistada polos participantes no transcurso da mañá.
Unha vez chegados todos ao control dentro do horario estipulado pola organización, o Director da Proba, Manuel Feijoo Castro deu a coñecer a clasificación final.
O primeiro posto foi para Roberto Miguelez Sainza con “Luna” ao acadar un total de 1.110 puntos. Seguiuno en segunda posición o cazador Jorge Vázquez Iglesias con “Musa” e 700 puntos. Completou o podio Rubén Martínez Bugallo con “Runa” e unha puntuación total de 600 puntos.
A estes tres primeiros clasificados acompañaranos o cazador Manuel Marcos Pérez González, conformando a representación da provincia de Ourense no vindeiro Campionato Galego de Caza Menor con Can.