Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
SORTEO ENQUISA
Xa se coñecen os premiados do sorteo realizado entre os participantes na enquisa para o Estudo do Impacto da Caza
15/10/2012

Máis de 350 persoas remitiron as súas enquisas

Tal e como estaba estipulado, no día de hoxe ás 12h tiña lugar na sede da Federación Galega de Caza, en Santiago de Compostela o sorteo dos tres premios aos que optaban todos aqueles que participaron ao longo das últimas semanas na enquisa para a realización do Estudo sobre a repercusión económica e social da caza en Galicia.

Entre as 351 enquisas recibidas ata o pasado 11 de outubro, data límite para a remisión das mesmas, realizouse o sorteo no que resultaron agraciados os seguintes enquisados:

1º Premio: Seguro do Cazador e Anexo de Cans durante todo o ano
Víctor Luna Santos (Valga, Pontevedra)

2º Premio: Subscrición gratuíta durante un ano á revista Galicia Cinexética
Roberto Mosquera Furelos (Padrón, A Coruña)

3º Premio: Chaleco polar e polo camiseiro co logo da FGC
Jaime Núñez Fernández (Triacastela, Lugo)

A Federación Galega de Caza quere dar a noraboa aos gañadores dos premios e sobre todo agradecerlle a sua participación a todos aqueles que fixeron chegar a enquisa cuberta nas pasadas semanas. Os datos obtidos son dun grande valor e servirán para realizar traballos que axuden a defender a importancia da caza na nosa comunidade.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

ASEMBLEA XERAL - CURSOS FORMACIÓN
02/12/2024
Unanimidade nos acordos da Asemblea Xeral e entrega dos Diplomas dos Cursos de Formación

MUTUASPORT - ARTEMISAN - RFEC
29/11/2024
Os cazadores federados invirten na defensa da caza e conservación das aves migratorias

AFECTADOS DANA
11/11/2024
Os cazadores españois doan 24.000€ aos afectados pola DANA

PROXECTO ARCEA
21/10/2024
Gran aportación dos cazadores galegos para o censo das arceas


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza