Campionato Provincial de Ourense de Rastro de Coello
O pasado sábado día 15 de setembro disputouse no Tecor ourensá da Sociedade de Cazadores Os Blancos o Campionato Provincial de Ourense de Cans de Rastro sobre Coello organizado pola Federación Galega de Caza en Ourense e contando coa colaboración de dita Sociedade de Cazadores.
Á proba tan só acudiu o lote de Adrián González Mellado formado polos cans “Ona”,”Bilis”, ”Truna” e “Nani” e sendo xulgado por Francisco Javier Pérez Gómez.
Transcorrida a súa actuación foi proclamado polo Director da Proba, Manuel Feijoo Castro, como novo Campión Provincial de Ourense de Cans de Rastro sobre Coello.