Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
CPTO GALEGO ARCO
Arqueiros galegos de calidade en Arteixo
30/8/2012

Campionato Galego de Percorridos de Caza con Arco e Caza con Arco o Voo

O pasado 26 de agosto disputouse en Arteixo – A Coruña -  o Campionato Galego de Percorridos de Caza con Arco e o Campionato Galego de Caza con Arco ao Voo organizado pola Federación Galega de Caza e contando coa colaboración do Clube Arco Hércules.

No autonómico de Percorridos de Caza con Arco participaron un total de 45 arqueiros clasificados a través dos seus respectivos Campionatos Provinciais e sendo xulgados polos xuíces Miguel Gómez Cruces, Sonia Ribero Costa, Pablo Martínez Regueira e Juan Bandeira Autrán.

Na categoría de Arco Asistido o primeiro posto da clasificación foi para o pontevedrés Jaime Villaverde Balado quen con 42 puntos se converteu no novo Campión Galego da especialidade. En segunda posición situouse o tamén arqueiro da provincia de Pontevedra Pedro Martínez Ángel con 31 puntos. Con 26 puntos e en terceira posición clasificouse o tamén pontevedrés Xosé Manuel Pousada Sobral.

En Arco Tradicional o primeiro posto do Campionato Galego foi para o coruñés Óscar Novas Seijas con 39 puntos. O pontevedrés Abel López Lepiani con 34 puntos e o coruñés Pablo Martínez Regueira con 26 puntos, facíanse co segundo e terceiro posto respectivamente.

Na categoría de Damas foi Dolores Bugarín Codeseda a que con 42 puntos se convertía na nova Campiona Galega. Seguiuna a tamén pontevedresa María Luísa Rodríguez Rodríguez en segunda posición con 36 puntos. Completou o podio a arqueira Iratxe Guillén Bouzas con 25 puntos.

En Long Bow era Juan Bandeira Autrán o que se facía co primeiro posto da clasificación cunha puntuación de 37 puntos. O subcampionato recaeu no tamén pontevedrés Benigno Ruiz Pascual con 29 puntos. Xa na terceira posición remataba Antonio Fernández Viz con 14 puntos.

Marcos Gómez Dacosta convertíase no Campión Galego na categoría de Cadetes con 34  puntos. A arqueira Rebeca Villaverde Bugarín con 25 puntos e Juan Bandeira Briz con 25 puntos, tíñanse que conformar coa segunda e terceira posición respectivamente.

Disputado o Campionato de Percorridos de Caza con Arco, tiña lugar a continuación, o Campionato Galego de Caza con Arco ao Voo no que participaron un total de 5 equipos sendo xulgados por Miguel Gómez Cruces e Benigno Ruíz Pascual. A proba desenrolouse sobre paspallás sementado e a pericia dos arqueiros fixo vibrar ao numeroso público alí presente.

Foi o equipo pontevedrés conformado polos arqueiros Jaime Villaverde e Pedro Martínez os que co seu can “Pol” conseguiron un total de 2.500 puntos converténdose nos novos Campións Galegos da especialidade. Con 1.500 puntos e en segunda posición situouse o equipo chegado de A Coruña e formado por Óscar Novas e Pablo Martínez co seu can de nome “Pi”. Juan e Isidro Bandeira co can “Pluma” situáronse na terceira posición con 1.000 puntos.
 

GALERIA DE FOTOS:

Campionato Galego de RRCC e Caza con Arco 2012
 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

CAMPIONATO XUNTA GALICIA ARCEAS
16/12/2024
O Autonómico de Caza de Arceas decidirase en Antas de Ulla

PROVINCIAL PONTEVEDRA ARCEA
16/12/2024
José Antonio Vasconcellos con “Azor” proclamouse campión provincial na Lama

PROVINCIAL LUGO CAZA ARCEAS
25/11/2024
Manuel Rodríguez coa setter “Huma do Yelsar” gañador en O Corgo

CAZA MENOR
04/11/2024
Alfonso García coa setter “Jara” proclamouse Campión Galego de Caza Menor en Portomarín


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza