Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
CANS PARADA
En Británicos o can “Sol” de Rodríguez Sanjurjo e “Aris” de Cortes Doce en Continentais, proclamáronse Campións Galegos
22/8/2012

Na Copa Galicia o campión en Continentais foi “Demo” de Cortes Doce e en Británicos “Sol” de Rodríguez Sanjurjo.

O pasado día 18 de agosto, disputouse no concello pontevedrés de Lalín a Copa Galicia de Cans de Parada organizado pola Federación Galega de Caza e contando coa inestimable colaboración da Sociedade de Caza e Pesca de Lalín. Ao mesmo tempo, e coa suma das diferentes puntuacións das probas disputadas, deuse a coñecer o resultado final do Campionato Galego de Cans de Parada.

A xornada transcorreu sen imprevistos e os afeccionados puideron desfrutar de presentaciónde enorme calidade, froito dos extraordinarios terreos aportados.

En Británicos o setter inglés de nome “Sol” conducido por Pedro Rodríguez Sanjurjo foi o que obtivo o primeiro posto da Copa Galicia, seguido da pointer “Agra” propiedade de Carlos Lalín Ferreiroa. Xa na terceira posición ubicouse o tamén setter inglés de nome “Breco” conducido por Ana Arbiol Ledesma.
En razas Continentais o dominio absoluto foi para os bracos alemáns “Demo” e “Aris” que, conducidos por Vicente Cortes Doce, obtiveron o primeiro e segundo posto da proba respectivamente.

Coas puntuacións das diferentes probas celebradas deuse a coñecer o resultado final do Campionato Galego de Cans de Parada resultando do seguinte xeito:

Británicos
O can “Sol” de Pedro Rodríguez Sanjurjo proclamouse como novo Campión Galego da especialidade. “Braton”, setter inglés, conducido por José María Carnota Ríos accedeu ao segundo posto do campionato galego, seguido de “Yan”, setter inglés propiedade de Andrés Pena Vázquez en terceira posición.
A estes tres cans engadiríaselles a pointer “Agra” propiedade de Carlos Lalín Ferreiroa, conformando deste xeito a selección galega de Británicos.

Continentais
O braco alemán de nome “Aris” conducido por José Vicente Cortes Doce foi o que se proclamou como Campión Galego seguido, en segunda posición, de “Pim” propiedade de Andrés Pena Vázquez. Conformando ámbolos dous cans a selección Galega de continentais.

 

GALERIA DE FOTOS:

XIII Copa Galicia de Cans de Parada
 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

PROVINCIAL LUGO CAZA ARCEAS
25/11/2024
Manuel Rodríguez coa setter “Huma do Yelsar” gañador en O Corgo

CAZA MENOR
04/11/2024
Alfonso García coa setter “Jara” proclamouse Campión Galego de Caza Menor en Portomarín

CAMPIONATO XUNTA GALICIA CAZA MENOR
30/10/2024
Clasificados para o Autonómico de Caza Menor con Can

CAMPIONATO XUNTA GALICIA CETRARÍA
29/10/2024
Os mellores cetreiros na Terra Chá


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza