Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
SAN HUBERTO
Juan José Canosa imponse en Ribeira
27/7/2012

Proba puntuable para a Copa Galicia da especialidade

O pasado 22 de xullo disputouse no Tecor de Ribeira unha proba puntuable para a Copa Galicia da especialidade organizada pola Sociedade de Cazadores do Barbanza contando coa colaboración da Federación Galega de Caza en A Coruña.

A proba disputouse no monte San Amedio da parroquia de Oleiros e nela participaron un total de 24 cazadores que foron xulgados por Ramón Noya Suárez, Santiago Saavedra Muíña e David Romero Arbores.

Disputada a proba, o director da mesma, Víctor Reiriz Lampón deu a coñecer a clasificación final que resultou do seguinte xeito: Con 65 puntos o gañador foi o xoven cazador Juan José Canosa Vigo co pointer femia “Zeta”. En segunda posición finalizou Serafín Corral Vázquez con “Balu” e 60 puntos. Completou o podio en terceira posición Jorge Martín Sánchez co pointer macho “Kan” e 54 puntos.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

CAZA MENOR
04/11/2024
Alfonso García coa setter “Jara” proclamouse Campión Galego de Caza Menor en Portomarín

CAMPIONATO XUNTA GALICIA CAZA MENOR
30/10/2024
Clasificados para o Autonómico de Caza Menor con Can

CAMPIONATO XUNTA GALICIA CETRARÍA
29/10/2024
Os mellores cetreiros na Terra Chá

PROVINCIAL PONTEVEDRA CAZA MENOR
29/10/2024
Ramón Carballido con “Mouro” gañador do provincial pontevedrés de caza menor


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza