Utilizamos cookies de terceiros (Google Analytics) para rexistrar estatísticas de acceso a esta páxina.
Podes obter máis información visitando a nosa Política de Cookies.

Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
XUNTOS CONSEGUIMOS
As achegas da FGC, incorporadas á nova Lei de Montes de Galicia
24/7/2012

A Xunta de Galicia publicaba onte no DOG a nova Lei 7/2012 de Montes de Galicia, que entrará en vigor nun prazo de 30 días dende a sua publicación. A Federación Galega de Caza realizou no seu momento as oportunas alegacións a este texto que, en boa parte foron tomadas en conta para sua redacción final.

Así, certos artigos como os referentes á modificación da Lei de Incendios, que prexudicaban gravemente aos cazadores, foron revisados para supoñer unha maior conciliación coa actividade cinexética, sendo menos restritivos. Os cazadores terán, sen embargo, novas obrigas como identificarse sempre que se atopen en ZAR (Zonas de Alto Risco).

Unha das medidas que trata de incorporar esta nova normativa e que podería prexudicar gravemente os intereses do colectivo da caza, é a da prohibición de acceder, circular e permanecer en zonas de alto risco durante a época de perigo alto de incendios forestais, o que na práctica levaría a non poder acceder á practica totalidade do monte galego durante unha boa parte da tempada de caza.

Finalmente, estas prohibicións incluíron excepcións entre as que se atopan a do artigo 32 da Lei de Prevenci�n de Incendios: “h) O acceso, a circulación e a permanencia nos predios rústicos de réxime cinexético especial para aqueles cazadores socios das súas sociedades xestoras que participen en actividades cinexéticas autorizadas”.

Cabe destacar que, a pesar de que a lei fai máis restritivo e controlado o acceso aos montes en épocas de alto risco de incendio, finalmente e grazas en boa parte ás aportacións e achegas da FGC, entreoutras, a este texto, os cazadores non sairán prexudicados con esta nova lexislación referida aos montes. Xuntos conseguimos...

Descargar Lei 7/2012 de Montes de Galicia

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

RULA
05/03/2025
Europa confirma que España cumpre os requisitos para cazar a rula de forma sostible na tempada 2025/26

MANIFESTO XUNTA GALICIA
02/03/2025
Manifesto institucional da Xunta de Galicia en contra da violencia no Deporte

OBSERVATORIO CINEXÉTICO
26/02/2025
Cazador e tempo de traballar pola caza! súmate á campaña de censos do Observatorio Cinexético

FORMACIÓN
24/02/2025
Xornada de Cans de Caza


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza