Campionato Provincial de A Coruña de Caza San Huberto
O pasado 7 de xullo, desputouse nos terreos do Tecor da Sociedade de Caza de Cedeira unha edición máis do Campionato Provincial de A Coruña de Caza San Huberto organizado pola Federación Galega de Caza en A Coruña coa colaboración de dita Sociedade de Cazadores.
Mais dunha vintena de cazadores se deron cita nesta fase provincial clasificatoria para o Campionato Galego da especialidade que foi xuzgada polo xuíz Marcial Ramil Hermida, David Romero Albores, Francisco Álvarez Rubiños e Juan Álvaro Rodríguez Pereira.
Roberto Dopico Dopico acadou o primeiro posto da xeral co seu pointer macho “Río dos Aluches” e converténdose no Campión Provincial. Antonio Olveira Pego co setter inglés “Killer” situábase en segunda posición. O terceiro caixón ocupábao Edelmiro Leira Pérez co setter inglés de nome “Edel del Arco Iris”.
En Damas era Nicolasa González Carrodeaguas a que acadaba o primeiro posto con “Sef de Caaveiro”. Facía o mesmo Eloy Rodríguez Martínez na categoría de Springers co can “Bilbo”.
A representación de A Coruña que acudirá o Campionato Galego da modalidade estará conformada por: Roberto Dopico Dopico, Antonio Olveira Pego, Edelmiro Leira Pérez, Jaime Aneiros Leira, Juan José Canosa Vigo e Serafín Corral Vázquez.