Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
PERCORRIDOS DE CAZA
Iglesias Otero acada o título de campión galego
3/7/2012

XXV Campionato Galego de Percorridos de Caza

Na xornada dominical de onte 1 de xullo, tivo lugar no campo de tiro Río Sar, unha edición máis do campionato autonómico de Percorridos de Caza organizado pola Federación Galega de Caza contando coa colaboración da Sociedade Deportiva Río Sar.

A presenza de néboa nos primeiros intres da xornada, obrigou a un pequeno retraso no inicio da proba segundo o horario previsto pola organización. Pero este feito non impediu que a xornada transcorrera sen imprevistos e que os máis de 60 tiradores participantes disfrutaran da complexidade e diversidade dos diferentes postos e voos dos pratos que fixeron as delicias dos tiradores alí presentes.

Rematada a primeira parte da xornada, cando os tiradores xa se enfrontaran a 100 pratos dos 150 que contaba este campionato autonómico, as espadas estaban en todo o alto e un empate entre Antonio Iglesias e Martín Baqueiro poñían toda a tensión e intriga para os 50 pratos do serán.

Foi, unha vez máis, o coruñés Antonio Iglesias Otero o que realizou unha segunda quenda máis acertada o que lle permitiu acadar o primeiro posto do campionato con  un total de 130 pratos escachados. A 5 pratos, seguiuno o pontevedrés Martín Baqueiro Villafines con 125 pratos obtendo deste xeito o subcampionato. Para coñecer quen ocuparía o terceiro posto do caixón foi preciso a realización dunha rolda de desempate entre os tiradores Gabino Villamor Vázquez, Manuel Villar Arroyo e Daniel Cebreiro García. Foi o lucense Villar Arroyo o que templou os nervios e acadou o terceiro posto da xeral con 124 pratos e superando no desempate en tan so un prato ao veterano tirador pontevedrés Gabino Villamor Vázquez que acadaba deste xeito o cuarto posto da xeral e o primeiro da categoría de Veteranos con 124 pratos.

Na categoría de Superveteranos impoñíase Ángel Mosquera Rodríguez con 112 pratos. Así mesmo era Artemio Formoso Barro o que con 111 pratos resultaba gañador na categoría de Handisport e a tiradora Elena Blanca Rodríguez resultaba gañadora en Damas.

O vindeiro fin de semana, na localidade soriana de Castillejo de Robledo disputarase o Campionato de España da modalidade de Percorridos de Caza e serán os tiradores galegos Antonio Iglesias Otero, Martín Baqueiro Villafines, Gabino Villamor Vázquez, Daniel Cebreiro García, Manuel Villar Arroyo e Ángel Mosquera Rodríguez os que representarán a nosa comunidade nesta destacada cita do calendario nacional da RFEC.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

CAMPIONATO XUNTA GALICIA CAZA ARCEA
23/12/2024
Iván Ramos coa setter “Sira” acada o título autonómico de caza de arceas

CAMPIONATO XUNTA GALICIA ARCEAS
16/12/2024
O Autonómico de Caza de Arceas decidirase en Antas de Ulla

PROVINCIAL PONTEVEDRA ARCEA
16/12/2024
José Antonio Vasconcellos con “Azor” proclamouse campión provincial na Lama

PROVINCIAL LUGO CAZA ARCEAS
25/11/2024
Manuel Rodríguez coa setter “Huma do Yelsar” gañador en O Corgo


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza