Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
RASTRO XABARIL
O campionato provincial de Pontevedra foi para Sestelo Núñez
27/6/2012

X Campionato Provincial de Pontevedra de Cans de Rastro Atrelados modalidade Xabaril

O pasado 23 de xuño, no Tecor Karsita, tivo lugar o Campionato Provincial de Pontevedra de Cans de Rastro Atrelados modalidade Xabaril organizado pola Federación Galega de Caza en Pontevedra coa colaboración da Sociedade de Caza de dito Tecor.

Ata un total de 22 monteiros e 29 cans se deron cita neste campionato provincial que estivo xulgado polos xuíces Francisco Javier Silva Fontan e Miguel Martínez Casal.

Disputada a fase clasificatoria e final, o primeiro posto da proba foi para terras lucenses da mao do monteiro José Manuel Yáñez Castro con “Ron” e 219 puntos. O tamén lucense Iván Fernández Pereira con “Turé” obtivo o segundo posto cunha puntuación de 215 puntos. O pontevedrés Salvador Sestelo Núñez co grifón de nome “Vikingo” foi o terceiro clasificado e polo tanto converteuse no novo Campión Provincial da especialidade cun total de 213,5 puntos.

Ao campión provincial acompañarano ao Campionato Galego da especialidade os seguintes monteiros que conformarán a selección que representará a Pontevedra en dita proba autonómica que se disputará o vindeiro 7 de xullo en Nogueira de Ramuín (Ourense): José E. Pérez Docamiño, Álvaro Fontenla Filgueira, Antonio Sánchez Sesto, Victorio Resua Rego, Iván Mouriño Rodríguez, Manuel Ferro Pena, Javier Rodríguez Márquez, Generoso Aragunde Abalo e Diego Martínez Domínguez.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

CAMPIONATO XUNTA GALICIA ARCEAS
16/12/2024
O Autonómico de Caza de Arceas decidirase en Antas de Ulla

PROVINCIAL PONTEVEDRA ARCEA
16/12/2024
José Antonio Vasconcellos con “Azor” proclamouse campión provincial na Lama

PROVINCIAL LUGO CAZA ARCEAS
25/11/2024
Manuel Rodríguez coa setter “Huma do Yelsar” gañador en O Corgo

CAZA MENOR
04/11/2024
Alfonso García coa setter “Jara” proclamouse Campión Galego de Caza Menor en Portomarín


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza