Trofeo Cidade de Narón puntuable para a Copa Galicia
O pasado sábado 19 de maio, disputronse no Tecor da Sociedade coruñesa de Caza e Pesca de Xubia o IV Trofeo Cidade de Narón de San Huberto e o III Trofeo Cidade de Narón de Cans de Rastro Atrelados modalidade Xabaril, organizados por dita Sociedade de Caza en colaboración coa Federación Galega de Caza en A Coruña.
A proba de Rastro de Xabaril foi disputada nuns terreos moi axeitados para a práctica desta modalidade e foi xulgada por Samuel Barreiro Barreiro e Alfonso Collazo Pasín.
Rematada a proba, foi Francisco Rodeiro Eiras o que acadou o primeiro posto co seu can “Sil” e unha puntuación de 246 puntos. Seguiuno en segunda posición Iván Fernández Pereira con “Ture” e 218,5 puntos. Completou o pódium Antonio Sánchez Sexto coa cadela “Lúa” e un total de 215,5 puntos.
Na proba de San Huberto participaron un total de 30 cazadores con cadanseu can e que foron xulgados por Marcial Ramil Hermida e Manuel Rebordelo Maira, actuando como xuíz auxiliar Jaime Aneiros Ardao.
Rematada a proba, foi Juan Carlos Arteche o que acadou o primeiro posto o completar un percorrido cunha puntuación de 79 puntos. Seguiuno en segunda posición Jorge Martín con 76 puntos. Completou o pódium Álvaro Suárez Mera con 74 puntos.