Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
GALEGO RASTRO COELLO
O lote do ourensán Juan Francisco Pousa impúxose no Campionato Galego
4/10/2011

O pasado día 2 de outubro, tivo lugar unhas das probas raíñas no calendario de competicións da Federación Galega de Caza, o Campionato Galego de Cans de Rastro de Coello.

Once lotes clasificados das respectivas probas provinciais, excepto da provincia de Lugo, interviron neste Campionato Autonómico disputado no Tecor Societario de “San Martín de O Grove” (Pontevedra) baixo a organización da FGC en colaboración con dita Sociedade de Cazadores.

A proba descorreu sen imprevistos, e baixo unhas elevadas temperaturas os participantes cos seus lotes foron quen de levar a cabo moi boas presentacións, nas que o público asistente puido disfrutar do bo facer dos cans no rastro dos lagomorfos.

A proba estivo xulgada por Manuel J. Vázquez Mosquera, José Antonio Darriba e Francisco Javier Silva Fontán, que tiveron un duro traballo polo elevado nivel dos participantes, mostra delo foi o apertada que estivo a clasificación nos primeiros postos.

Finalizada a proba, o Director da mesma, Manuel Martínez Casal, e a vista dos resultados declarou definitiva a clasificación do seguinte xeito: o primeiro posto e polo tanto novo Campión Galego da modalidade foi o lote formado por “Yoli”, “Pinta”, “Luna” e “Chita” propiedade de Juan Francisco Pousa Fernández cun total de 457 puntos. A tan so 1 punto do primeiro posto, situouse o lote do coruñés Antonio Lista Blanco  e 456 puntos. Xa no terceiro caixón clasificábase o lote do ourensán Serafín Novoa Cerredelos con 450 puntos. Serafín Novoa tamén obtivo o premio o mellor can con “Rata” que acadou 126 puntos.
 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

XABARIL SALVAXE TRAILLA FERROLTERRA
14/04/2025
Manuel Piñeiro con “Zidane” gañador en Ferrolterra

PROVINCIAL CORUÑA PERCORRIDOS CAZA
07/04/2025
Antonio Iglesias proclamouse campión provincial de percorridos de caza

XABARIL KARSITA
07/04/2025
O monteiro Francisco Rodeiro acada o primeiro posto con “Pistolas” en Vilagarcía

XABARIL SALVAXE CODESEDA
01/04/2025
Rubén Gómez con “Sil” campións en Codeseda


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza