O deporte cinexético galego está de loito pola perda dun dos seus mellores deportistas, o cazador vigués Antonio Conde Dacosta.
Conde Dacosta, ligado principalmente ao deporte de San Huberto, casado coa tamén deportista da modalidade Mari Carmen Iglesias Comesaña, falecía o pasado sábado na súa casa de Vigo.