Cunha extensa orde do día -sete puntos- e moita participación –arredor de 70 asembleístas-, o Salón de Actos da Escola de Canteiros de Pontevedra acolleu o pasado día 7 de outubro, a asemblea xeral ordinaria da Federación Galega de Caza en Pontevedra, que se celebrou entre as 18,30 e as 22 horas. Sesión que estivo presidida polo seu titular, Javier Nogueira Diz, á que asistía tamén como invitado o novo Presidente da Federación Galega de Caza, José María Gómez Cortón.
|