Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
COELLO COSTA DA MORTE
Joja Suárez foi o campión na Costa da Morte
19/08/2018

O pasado 19 de agosto, o Tecor Societario “O Horreo” da provincia de A Coruña acollía o Campionato de Cans de Rastro sobre  Coello "Costa da Morte” organizado pola Sociedade de Cazadores Cinexética Carnotana en colaboración coa Federación Galega de Caza en A Coruña e o Clube de Amigos dos Cans de Caza.

 Á proba asistía un bo número de lotes de cans e se repartían en varios campos no que a densidade de caza era suficiente para desputar este tipo de probas pero as altas temperaturas e un vento nordes lastrou a presentación dos lotes participantes.

O campión da proba era o lote propiedade por José Javier Suárez Rama conformado con “Juper”, “Marco”, “Sarela” e “Canela” con 486 puntos. A medalla de prata con 480 puntos era para o lote formado por "Pipa", "Mia", "Pólvora" e "Lista" propiedade de Jaime López Castro. En terceira posición e con 460 puntos rematou o lote “Marao, Lass, Junior e Miñoca” conducido por José País Serrano.

O premio o mellor can da proba foi para "Juper" propiedade do campión José Javier Suárez Rama.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

XABARIL SALVAXE TRAILLA FERROLTERRA
14/04/2025
Manuel Piñeiro con “Zidane” gañador en Ferrolterra

PROVINCIAL CORUÑA PERCORRIDOS CAZA
07/04/2025
Antonio Iglesias proclamouse campión provincial de percorridos de caza

XABARIL KARSITA
07/04/2025
O monteiro Francisco Rodeiro acada o primeiro posto con “Pistolas” en Vilagarcía

XABARIL SALVAXE CODESEDA
01/04/2025
Rubén Gómez con “Sil” campións en Codeseda


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza