Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
RRCC PONTEVEDRA
Martín Baqueiro sube o máis alto do podio
24/04/2018

XXXIII Campionato Provincial de Pontevedra de Percorridos de Caza

Ata un total de 58 tiradores chegaban a esta fase provincial de Pontevedra de Percorridos de Caza, proba en aberto pero clasificatoria para o Campionato Autonómico da especialidade que se disputará no vindeiro mes de xuño.

A Federación Galega de Caza de Pontevedra organizaba este campionato provincial no Campo de Tiro Fronteiriñas (Figueiró-Tomiño) gracias a colaboración do Club de Tiro Fronteiriñas e Eido Dalbo e que se disputaba a un total de 100 pratos.

Alto nivel de tiro e alta inscrición foron notas destacadas neste campionato no que se impuxo o tirador Martín Baqueiro Villafines cun total de 90 pratos escachados. O tirador Daniel Domínguez Treinta accedía ao segundo posto do caixón con 85 pratos. E con tamén 85 pratos o terceiro posto era para José Manuel Da Silva Fernández.

En veteranos o gañador era Jaime Vilas Pereira o rematar o seu percorrido cun total de 86 pratos, seguido de Juan Manuel Garrido Amoedo e Cristino Mera Roman en segunda e terceira posición con 80 e 76 pratos, respectivamente.

En superveteranos o gañador era Manuel García Carrera con 70 pratos. O subcampionato recaía en Ángel Vidal Conde con 68 pratos e coa medalla de bronce, e tamén con 68 pratos, remataba Luís Salmeron Madera.

En xuvenis o campión era o mozo Antón Moure Segade despois de acadar un total de 75 pratos escachados e completar unha gran tirada.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

CAMPIONATO XUNTA GALICIA CAZA ARCEA
23/12/2024
Iván Ramos coa setter “Sira” acada o título autonómico de caza de arceas

CAMPIONATO XUNTA GALICIA ARCEAS
16/12/2024
O Autonómico de Caza de Arceas decidirase en Antas de Ulla

PROVINCIAL PONTEVEDRA ARCEA
16/12/2024
José Antonio Vasconcellos con “Azor” proclamouse campión provincial na Lama

PROVINCIAL LUGO CAZA ARCEAS
25/11/2024
Manuel Rodríguez coa setter “Huma do Yelsar” gañador en O Corgo


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza