Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
EN RIO SAR
Martín Baqueiro domina o Galego de Percorridos
26/6/2017

XXX Campionato Galego de Percorridos de Caza en Río Sar

Na xornada de onte día 25 de xuño disputábase a xa XXX edición do Campionato Autonómico de Percorridos de Caza que era acollido nas extraordinarias instalacións da Sociedade Deportiva Río Sar.

A este Campionato Galego acudiron un total de 77 tiradores, un número moi elevado que da un claro exemplo da paixón que esta competición esperta nos tiradores galegos. Un campionato disputado sen sobresaltos e que contou coa organización da Federación Galega de Caza en colaboración coa Sociedade Deportiva Río Sar.

Hora a hora os 150 pratos os que se enfrontaron os tiradores ían sobrevoando as instalacións de Río Sar. Uns pratos e campos de enorme beleza e dificultade que fixo as delicias dos tiradores participantes. E por iso que a directiva de Río Sar recibiu unha mención especial polo traballo e esforzo realizado para que este campionato fose todo un éxito, ao mesmo tempo que se lles pediu un esforzo extra á directiva e traballadores ante a importante cita do Campionato de España de RRCC que se disputará en Río Sar do 21 ao 23 de xullo o cal suporá unha gran carga de traballo.

Unha vez que rematou a proba os resultados da clasificación arroxaron un destacado dominio durante case toda a xornada do pontevedrés Martín Baqueiro Villafines que con 138 pratos acadaba o primeiro posto da clasificación xeral. O tamén tirador pontevedrés Manuel Blanco Puertas obtiña a prata con 133 pratos. Con 132 pratos escachados remataba en terceira posición o actual campión galego de Compak Sporting Antonio Iglesias Otero.

Na categoría de Veteranos o gañador era Elisardo Cea Cebreiro con 123 pratos por diante de Fernando Sánchez Macebo que remataba con 117 arxilas. O terceiro posto desta categoría era para Cristino Mera Román con 116 pratos.

En Xuveniles o campión era Antón Moure Segade con  108 pratos e en Handisport Artemio Formoso Barro era o campión cun total de 121 pratos. En Donas a gañadora era Mª Mercedes Saavedra Suárez con 85 pratos escachados e en Superveteranos José María González Rodríguez era o que accedía ao primeiro posto con 103 pratos.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

CAMPIONATO XUNTA GALICIA ARCEAS
16/12/2024
O Autonómico de Caza de Arceas decidirase en Antas de Ulla

PROVINCIAL PONTEVEDRA ARCEA
16/12/2024
José Antonio Vasconcellos con “Azor” proclamouse campión provincial na Lama

PROVINCIAL LUGO CAZA ARCEAS
25/11/2024
Manuel Rodríguez coa setter “Huma do Yelsar” gañador en O Corgo

CAZA MENOR
04/11/2024
Alfonso García coa setter “Jara” proclamouse Campión Galego de Caza Menor en Portomarín


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza