Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
CANS DE PARADA
“Frouma do Fontelo”, de Iván López, gañadora en Riveira
20/7/2016

Proba puntuable para a Copa Galicia de Cans de Parada

O pasado 16 de xullo disputouse no concello coruñés de Riveira unha proba de Cans de Parada puntuable para a Copa Galicia contando coa organización da Sociedade de Caza e Pesca Barbanza e coa colaboración da Federación Galega de Caza en A Coruña.

Unha proba que transcorreu sen imprevistos e na que, en Británicos, a cadela de nome “Frouma do Fontelo” propiedade de Iván López acadou o primeiro posto cunha cualificación de 1ºEXC. O segundo posto foi para o pointer macho de nome “Chico de Torres a Varela” propiedade de Carlos Lalín cunha cualificación de 2º MB. José María Carnota remataba en terceira posición con “Halcón de Reinadama” cun 3º MB.

En razas Continentais non houbo clasificados.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

CAMPIONATO XUNTA GALICIA CAZA ARCEA
23/12/2024
Iván Ramos coa setter “Sira” acada o título autonómico de caza de arceas

CAMPIONATO XUNTA GALICIA ARCEAS
16/12/2024
O Autonómico de Caza de Arceas decidirase en Antas de Ulla

PROVINCIAL PONTEVEDRA ARCEA
16/12/2024
José Antonio Vasconcellos con “Azor” proclamouse campión provincial na Lama

PROVINCIAL LUGO CAZA ARCEAS
25/11/2024
Manuel Rodríguez coa setter “Huma do Yelsar” gañador en O Corgo


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza