Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
COMPAK SPORTING
Iglesias Otero acada novamente o título de Campión Galego
7/7/2014

XV Campionato Galego de Compak Sporting

Na xornada de onte 6 de xullo celebrábase a XV edición do Campionato Galego de Compak Sporting. Un autonómico que foi acollido, unha vez máis, polas instalacións da Sociedade Deportiva Río Sar e organizado pola Federación Galega de Caza.

Un campionato que sen dúbida estivo marcado pola alta participación, congregando a máis de 60 tiradores, unha participación que fai que o autonómico galego sexa un dos máis relevantes a nivel nacional. A alta diversidade e variedade dos diferentes campos e traxectorias dos 150 pratos foi o segundo punto destacado deste Campionato Galego que fixo que os tiradores gozasen do campionato. Noraboa á directiva da Sociedade Deportiva Río Sar polo traballo levado a cabo.

As primeiras luces da maña desta xornada competitiva apuntaban a unha xornada difícil, marcada pola intensa choiva que caía sobre os diferentes campos de Río Sar. Pero todo trocou ao comenzo da competición, pasando a un tempo extraordinario para o tiro, sen vento e cunha temperatura óptima para a comodidade dos tiradores.

Foi novamente Antonio Iglesias Otero o que acaba o título de Campión Galego despois de realizar unha soberbia tirada facendo un total de 135 pratos, sacándose así a espiña do Galego de Percorridos no que non puido obter o resultado desexado. Manuel García Pombo accedía o segundo caixón do podio cun total de 128 pratos obtendo un extraordinario resultado tendo moi en conta a magnífica tirada realizada por Iglesias Otero que durante toda a xornada mantívose inalcanzable. O terceiro posto pagouse moi caro e Daniel Cebreiro e Ángel Mosquera pelexaron por el ata o final empatando a 127 pratos, tendo que realizar un desempate que rematou cos dous tiradores igualados a 23 pratos. Na morte súbita, Daniel Cebreiro superaba a Ángel Mosquera, un forte aplauso e un abrazo entre os tiradores poñía fin a este vibrante desempate no que Daniel Cebreiro García se facía co terceiro posto da xeral.

Carlos Álvarez Pazo era o campión na categoría de veteranos cun total de 119 platos seguido de Emilio López Mosquera e Antonio Castro Ferreiro en segunda e terceira posición con 117 e 116 pratos respectivamente.

En xuvenís Daniel Vicente Pintus acadaba o primeiro posto ao escachar un total de 107 pratos. Seguiuno o xoven tirador Alejandro Fernández Seco con 102 pratos.

Ángel Mosquera Rodríguez con 108 pratos en Superveteranos e Artemio Formoso Barro con 111 en Handisport eran os gañadores nas súas respectivas categorías.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

CAMPIONATO XUNTA GALICIA ARCEAS
16/12/2024
O Autonómico de Caza de Arceas decidirase en Antas de Ulla

PROVINCIAL PONTEVEDRA ARCEA
16/12/2024
José Antonio Vasconcellos con “Azor” proclamouse campión provincial na Lama

PROVINCIAL LUGO CAZA ARCEAS
25/11/2024
Manuel Rodríguez coa setter “Huma do Yelsar” gañador en O Corgo

CAZA MENOR
04/11/2024
Alfonso García coa setter “Jara” proclamouse Campión Galego de Caza Menor en Portomarín


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza