Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
CANS PARADA
Campionato Galego e Copa Galicia de Cans de mostra en Cedeira
6/8/2013

O pasado 3 de agosto disputouse unha proba da Copa Galicia e o Campionato Galego de Cans de Mostra na localidade coruñesa de Cedeira organizado pola Federación Galega de Caza e contando coa colaboración da Sociedade de Cazadores de Cedeira.

Ao campionato acudiron un total de 37 cans dos cales 30 correspondían a razas Británicas e 7 a continentais; sendo xulgados polos xuíces Antonio González Álvarez, Eloy Rodríguez Rego, José Ángel Seco Alvite e como xuíz auxiliar Jaime Aneiros Ardao.

A clasificación da Copa Galicia resultou do seguinte xeito:

En razas Británicas o primeiro clasificado foi para o can “Mayor de Bosende” propiedade de Pedro Nieto cunha calificación de 1º EXC. “Verdi de Cumbraos” conducido por René Vale adxudicouse o segundo posto cun 2ºEXC. E xa en terceira posición situouse “Agra das Torres da Varela” propiedade de Carlos Lalín.

En razas Continentais o primeiro posto foi para o can “Veloz de Alecrín” propiedade de Eduardo Calles con unha calificación de 1ºMB e en segunda posición “Aris da Poldearriba” conducido por Vicente Cortés con un 2ºMB.

A Selección Galega da modalidade, trala suma do Campionato de A Coruña, Trofeo Cidade de Lugo, Campionato de Ourense, Copa Federación de Pontevedra e Copa Galicia queda integrada polos seguintes cans:

En razas Británicas o primeiro posto era para “Agra das Torres da Varela” de Carlos Lalín con 30 puntos. En segunda posición remataba “Verdi de Cumbraos” de René Vale con 23 puntos. Con 21 puntos e en terceira posición situábase “Easy de Capagut” de Roberto Dopico. “Rambo de Bosende” de Andrés Pena acadaba o cuarto posto con 20 puntos.

En razas Continentais, “Aris da Poldearriba” de Vicente Cortes acadaba o primeiro posto con 12 puntos. Con 8 puntos e en segunda posición remataba “Veloz de Alecrín” propiedade de Eduardo Calles. E xa en terceira posición clasificábase “Piti” de Andrés Pena.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

CAMPIONATO XUNTA GALICIA CAZA ARCEA
23/12/2024
Iván Ramos coa setter “Sira” acada o título autonómico de caza de arceas

CAMPIONATO XUNTA GALICIA ARCEAS
16/12/2024
O Autonómico de Caza de Arceas decidirase en Antas de Ulla

PROVINCIAL PONTEVEDRA ARCEA
16/12/2024
José Antonio Vasconcellos con “Azor” proclamouse campión provincial na Lama

PROVINCIAL LUGO CAZA ARCEAS
25/11/2024
Manuel Rodríguez coa setter “Huma do Yelsar” gañador en O Corgo


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza