Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
RASTRO COELLO PONTEVEDRA
O lote propiedade de Valcárcel Estévez adxudícase o provincial
3/9/2012

Campionato Provincial de Pontevedra de Cans de Rastro sobre Coello

O pasado 1 de setembro disputouse no Tecor pontevedrés de Forcarei a XIX edición do Campionato Provincial de Pontevedra de Cans de Rastro sobre Coello organizado pola Federación Galega de Caza en Pontevedra contando coa colaboración da Sociedade de Cazadores de Forcarei.

Á proba acudiron un total de 26 participantes cos seus respectivos lotes de catro cans e sendo xulgados polos xuíces José Alonso Darriba, Nicolás Castro Rodríguez, Alejandro González González, Isabel Negreira Chaves, Francisco Javier Silva Fontán e Manuel Vázquez Mosquera.

O lote de beagles “Sil”, “León”, “Iris” e “Yancha” propiedade de Jorge Valcárcel Estévez foi o que se impuxo na dezanove edición do Campionato Provincial de Rastro de Coello ao obter unha puntuación de 577 puntos. En segunda posición situouse o lote composto por “Clay”, “Lima”, “Perla” e “Xouba” propiedade de Alfonso Rey Baulde e 530 puntos. O terceiro caixón do podio foi ocupado polo lote conducido por Marcelo Arosa Dasilva composto  por “Ussa”, “Lira”, “Lar” e “Chula” acadando unha puntuación de 520 puntos.

O can “Iris” propiedade de Jorge Valcárcel Estévez con 160 puntos foi nomeado como mellor can da proba.
 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

PROVINCIAL CORUÑA COMPAK
24/06/2024
Torres Parada gañador do provincial coruñés de Compak

NACIONAL DE XABARIL SALVAXE
23/06/2024
Galicia domina no Nacional de Xabaril Salvaxe

PROVINCIAL OURENSE COMPAK SPORTING
17/06/2024
Francisco Javier Villanueva foi o campión provincial e Daniel Cebreiro o campión da proba

CAMPIONATO GALEGO RASTRO XABARIL
15/06/2024
O lucense Martín Martínez con “Roma” proclamouse novo Campión Galego de Rastro sobre Xabaril


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza