O colectivo de cazadores Galegos, e en especial a Federación Galega de Caza, mostrouse conmocionada pola repentina perda do exsecretario xeral da Real Federación Española de Caza, o zaragozano Angel Santiago Gracia Vicente, toda unha institución no mundo cinexético, onde seguía a colaborar trala súa merecida xubilación fai apenas dous anos.
Angel Gracia era moi coñecido e querido entre os cazadores galegos. Da man de Andrade Cristóbal, cando este era presidente da RFEC, Gracia visitaba por primeira vez a Federación Galega de Caza, á que volvería en numerosas ocasións, sempre disposto a apoiar o deporte cinexético galego, para o que non escatimaba esforzos, estando presente en prácticamente tódolos actos nos que solicitaba a súa presencia.
O Presidente, a Xunta Directiva, o Persoal, e o mundo cinexético galego súmanse ás numerosas mostras de dor que está a recibir tanto a familia como os compañeiros da RFEC. A Manoli, aos seus fillos, e ao resto de familiares, moitísimo ánimo, porque a Angel non lle gustaría que decaéramos nestes momentos senón que sacaría a forza necesaria, como nos ten demostrado en momentos moi dificiles que lle tocou vivir, para afrontar con valentía esta tremenda perda. |