A Federación é unha entidade deportiva, sen ánimo de lucro, que agrupa a cazadores e sociedades de caza galegos. De acordo cos seus estatutos, cos órganos de representación e governo e co seu organigrama, as súas funcións están claramente estructuradas en dúas grandes áreas: cinexética e competicións. Unha adicada á defensa da caza e dos lexítimos intereses das sociedades de caza e dos cazadores, e outra relacionada coas competicións de caza nas que exerce por delegación funcións públicas de carácter administrativo, actuando nese caso como axente colaborador da Comunidade Autónoma Galega e sendo unha entidade de utilidade pública.
A Federación Galega de Caza como tal ten representatividade en órganos consultivos como: Comités de Caza, Consello Forestal Galego, etc.
A FGC atópase na estructura da Real Federación Española de Caza, formando parte dos seus órganos e exercendo a súa representación na Comunidade Autónoma de Galicia. A través da RFEC está representada noutros órganos supra-autonómicos e mesmo internacionais, como na FACE con representación en órganos Europeos.
A FGC foi constituída en Santiago de Compostela, o 25 de xaneiro de 1985, conforme ao decreto da Xunta de Galicia 228/1994 de 14 de xullo, regulado pola Orde 28-7-1995 da Consellería de Presidencia e Administración Pública. Actualmente ademais dos seus propios estatutos sonlle de aplicación a Lei Xeral do Deporte de Galicia e outras normas que a desenvolven. |