En cumprimento das obrigas das federacións deportivas galegas derivadas da Lei 1/2016, de 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, (DOG de 15 de febreiro de 2016), a Federación Galega de Caza fai pública a seguinte documentación.
As federacións deportivas galegas son entidades privadas sen ánimo de lucro que, xunto as funcións que lle son propias polo seu ámbito de actuación privada, exercen por delegación funcións públicas delegadas (art. 51.4 da Lei 3/2012, de 2 de abril, do deporte de Galicia):
a) Representar á Comunidade Autónoma de Galicia nas actividades e competicións deportivas.
b) Cualificar e organiza-las actividades e competicións deportivas oficiais de ámbito autonómico galego.
c) Expedir licencias deportivas ou administrativas para a práctica do deporte da caza.
d) Exerce-lo control das subvencións que se lles asignen ás asociacións e entidades deportivas.
e) Garanti-lo cumprimento das normas de réxime electoral nos procesos de elección dos órganos de representación e goberno da FGC.
f) Exerce-la potestade disciplinaria sobre os integrantes da federación nos termos previstos pola lei.
g) Executar, se é o caso, as resolucións do Comité Galego de Xustiza Deportiva.
h) A promoción e divulgación do deporte da caza en tódalas súas facetas.
i) Orienta-los deportistas á práctica do deporte da caza, mediante os oportunos cursos de iniciación, formación, e perfeccionamento.
j) Apoiar técnica e administrativamente a práctica do deporte da caza, velando ante os organismos competentes polo apoio a esta modalidade deportiva dentro de Galicia.
k) Colaborar coas Administracións públicas competentes na prevención, control, e represión de substancias prohibidas así como na prevención da violencia no deporte.
l) Calquera outra que lle sexa atribuída pola lexislación vixente ou que acorde, no ámbito da súa competencia, a asemblea xeral.