Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
MEDIA VEDA
Excelente comezo da tempada en Ourense
14/9/2011

A finais do mes de agosto, concretamente o sábado 27, comezaba na zona coñecida como a Lagoa de Antela, en Ourense, unha nova tempada de media veda. Son nove os Tecores que compoñen esta zona que espertaba con néboa na primeira xornada pero que finalmente contaba cun excelente tempo.

Permítense un total de 10 pezas por cazador en cada unha das xornadas da media veda, que nos dous primeiros días acadaron boa parte dos arredor de 170 cazadores que se deron cita en terras ourensás.

Este ano a media veda contaba con algunas novidades en canto á normativa, como a obriga de levar chalecos reflictantes durante a xornada cinexética ou a inclusión da modalidade “ao salto” entre as permitidas. Ademáis, cada Tecor está obrigado agora a contar de un garda en cada cuartel.

A campaña da media veda exstenderase ata o vindeiro 18 de setembro.
 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

PUBLICACIÓN DOGA
11/10/2024
Declaración de Emerxencia Cinexética Temporal sobre o Xabaril

A PARTIR DO 1 DE AGOSTO
16/04/2024
Publicada a resolución que regula as épocas hábiles de caza 2024-2025

INICIO TEMPADA DE ASEXOS DE CORZO
01/04/2024
Arrinque corceiro

A CAZA TAMÉN VOTA
14/02/2024
A caza para as forzas políticas ante os comicios autonómicos


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza