Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
TEMPADA DE CAZA 2025/2026
Celebrado o Comité Galego de Caza que marca as pautas da vindeira tempada cinexética 2025/2026
06/03/2025

No día de hoxe, xoves 6 de marzo, tivo lugar a xuntanza do Comité Galego de Caza, cuxos acordos servirán de base para confeccionar a “Orde de Vedas” que regula os períodos hábiles de caza das distintas especies cinexéticas para a vindeira tempada 2025/2026. Dito comité tamén foi un receptor das diferentes propostas presentadas pola Federación Galega de Caza, todas elas con fin de favorecer os intereses da caza, das sociedades de caza e dos cazadores galegos.

Como en anos anteriores, o Comité Galego de Caza estivo composto polos diferentes representantes dos cazadores galegos e das sociedades de caza, entre os que se atopaban os presidentes provinciais da Federación Galega de Caza, e todos eles encabezados polo presidente da FGC, Luis Eusebio Fidalgo; así como representantes da administración autonómica e a Directora Xeral de Conservación da Natureza, con Marisol Díaz, ao fronte.

Rematada a xuntanza todo apunta a que serán mínimas as modificacións da vindeira Orde de Vedas con respecto aos exercicios cinexéticos anteriores no tocante ás modalidades e aos periodos hábiles de caza das diferentes especies. 

Destacamos a proposta de apertura da tempada xeral o vindeiro 19 de outubro e, como xa ven sen habitual, rematando o 6 de xaneiro de 2026. No tocante ás batidas ao xabaril estas comenzarán o 16 de agosto e rematarán o 22 de febreiro de 2026.

Queda todo emprazado para que sexa a Consellería do Medio Ambiente a que fixe, coa publicación da Resolución de Vedas, as regras que rexerán a práctica cinexética na nosa comunidade.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

MUTUASPORT - ARTEMISAN - RFEC
19/02/2025
Transición Ecolóxica confirma que o paspallás non está en perigo de extinción

COMUNICADO FGC
23/01/2025
Medidas vitais para a caza prospostas pola FGC ante a Xunta de Galicia

III BATIDA FEMININA EN POL
13/01/2025
Monteiras en Pol

PUBLICACIÓN DOGA
11/10/2024
Declaración de Emerxencia Cinexética Temporal sobre o Xabaril


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza