A FGC estivo presente en Silleda ata o peche da feira o vindeiro domingo 19
Comezaba o xoves unha nova edición da Feira Internacional Semana Verde de Silleda e como non podía ser doutro xeito a Federación Galega de Caza estaba presente dende primeira hora da mañá co seu stand.
En colaboración coa Real Federación Española de Caza, o stand da FGC repartiu entre os asistentes material divulgativo sobre as actividades e proxectos da Federación, así como exemplares das revistas Galicia Cinexética e Federcaza, DVDs, chalecos e sinais de seguridade e todo tipo de material promocional.
Ao stand da FGC, situado no pavillón principal da feira, achegáronse visitantes para interesarse polo material informativo, así como para realizar diversas cuestións.
Ademais de aprovisionarse de material e información, os asistentes ao stand da Federación puideron disfrutar da que sen dúbida é unha das grandes atraccións da feira: o simulador de tiro virtual. Xente de tódalas idades, dende nenos ata maiores, non puideron evitar probar a sua pericia coa escopeta ou a pistola e abater xabariles, patos, coellos, perdices, pratos e dianas de todo tipo nos diversos xogos cos que conta o simulador, que levantou unha grande expectación durante toda a feira.
Tamén se achegaron á feira representantes federativos como o Presidente da FGC, Javier Nogueira, o Vicepresidente da FGC en Pontevedra, Francisco Couselo, ou o vogal da xunta directiva da FGC Manuel Martínez.
Durante toda a duracion, o stand federativo seguirá recibiu a visita de tódolos cazadores e afeccionados á caza que se achegaron a Silleda. Especialmente durante o sábado e o domingo cando se realizaron actividades como a demostración de tiro con arco ou a exhibición de cans de parada a afluencia de público foi especialmente alta.