A pasada fin de semana, 30 e 31 de marzo, no concello pontevedrés de Soutomaior tivo lugar o primeiro curso formativo de cazador arqueiro cualificado (T2).
A organización de dito Curso correu a cargo da Federación Galega de Caza e o Clube de Cazadores Cazarco, sendo avalado pola RFEC e impartido por Jaime Villaverde (Delegado de Caza con Arco), Miguel Caruncho e Pedro J. Martínez (Instructores Nacionais).
Neste curso de día e medio de duración impartíronse tanto en clases teóricas como prácticas algunhas das técnicas de caza con arco máis usadas nos nosos montes, anatomía e enfermidades das especies cinexéticas, elección de frecha e punta para as diferentes especies e modalidades así como a práctica de tiros desde diferentes ángulos e postos de caza.
Tamén, e grazas a colaboración do veterinario Iñaki, os asistentes puideron ver o despezamento dun xabaril valorando o seu estado de saúde, en primeira instancia, para logo realizar a súa analítica correspondente para o aproveitamento culinario.
Os asistentes fixeron unha valoración moi positiva do curso que se desenrolou de xeito interactivo e onde se viviu un estupendo ambiente de compañeirismo.