A FGC contará cun stand permanente no complexo da feira e organizará diversas actividades ao longo da semana
A mais importante feira galega chegará á sua trixésimo cuarta edición este xoves, 16 de xuño e ata o vindeiro domingo contará cunha enorme variedade de expositores e un amplo abano de temáticas que poboarán os máis de 400.000 metros cadrados que abarcan as súas instalacións no concello pontevedrés de Silleda.
Unha vez máis a caza será unha das actividades que más visitantes atraerá á feira, polo que a Federación Galega de Caza, como ven sendo habitual, terá presenza neste evento de espectro internacional.
O stand da FGC, situado no pabellón 1, será o principal punto de referencia cinexética da feira, onde os visitantes poderán recibir todo tipo de información sobre a caza e as tarefas que leva a cabo a Federación, así como todo tipo de agasallos como revistas, DVDs e outros materiais divulgativos.
Ademais, coa colaboración da Real Federación Española de Caza, o stand federativo contará durante toda a feira cun simulador de tiro virtual, éxito absoluto en tódalas feiras nacionais, que sen dúbida será unha das actividades ineludibles da feira.
Como complemento ao stand, a FGC tamén organizará e colaborará en diversas actividades, como unha exhibición de cans de parada con caza sementada, o domingo 19, arredor das 16.30h; ou unha simulación de caza con arco, a cargo do Clube “Cazarco”, o sábado 18 de xuño de 10.00h a 14.00h e de 16.00h a 19.00h.
Dende a Federación Galega de Caza convídase a tódolos galegos, cazadores ou non, a que nos visiten en Silleda entre o 16 e o 19 de xuño.