Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
XORNADAS DE DEPORTE NA RÚA
A caza estivo presente nas rúas da Coruña a través do deporte feminino
6/6/2011

Éxito absoluto entre os máis pequenos.

A cargo das deportistas da modalidade de caza San Huberto da Federación Galega de Caza, Ana Arbiol (actual campioa de España, e excampioa do Mundo), Nicolasa González (subcampioa de España) e Cristina Sanmartín (campioa provincial), tivo lugar, o domingo día 5 de xuño, unha xornada de exhibición de cans de caza dentro dos Xogos na Rúa organizados polo concello de A Coruña, coa colaboración de Mudega (Mulleres Deportistas Galegas), na que colaboraron entre outros os deportistas Jorge Martín, José Sanmartín e Roberto Dopico.

A exhibición de cans cachorros fixo as delicias dos máis cativos. Os pequenos, que se achegaban aos espazo que ocupaba a Caza nos Xardíns de Méndez Núñez, integrábanse na exhibición e participaban na mesma conducindo  cun señuelo unha camada de cans de apenas 6 semanas.

Se os cachorros fixeron as delicias dos máis pequenos e dos seus pais, os cans adultos non  espertaban menor sorpresa entre os  cidadáns que se achegaban ata os Cantóns, amosando a súa extraordinaria capacidade de adaptación e obediencia fóra do seu medio, habida conta de que a actividade desenvolvíase nunha zona asfaltada e sen vexetación, hábitat ao que non están adaptados este tipo de animais. 
A cazadora, Ana Arbiol, recibiu un galardón do Concello de A Coruña, a propostas das Mulleres Deportistas Galegas, como pioneira no deporte.

O Xefe do Servizo Provincial de Deportes da Coruña, Roberto García, tamén se achegaba ata o espazo que dirixía José Lugrís, responsable deste tipo de probas a nivel autonómica, así como numerosos cazadores e responsables de sociedades da provincia coruñesa, entre os que se atopaba a recentemente estreada Presidenta da Sociedade de Caza Urogallo, Mercedes Prin, que non quixo perderse esta cita das mulleres deportistas galegas.

A exhibición correu a cargo da Federación Galega de Caza na Coruña, que estivo representada polo seu Vicepresidente, Carlos Sanjurjo.
 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

CURSO ARCO
02/04/2024
I Curso Formativo de Cazador Arqueiro Cualificado

CURSO FORMACIÓN
24/10/2023
Curso sobre a cría da perdíz

FESTA DA CAZA DE RODEIRO
18/11/2019
A climatoloxía non puido coa Festa da Caza de Rodeiro

CANS DE CAZA EN LALÍN
17/06/2019
II Exposición de Cans de Caza de Lalín


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza