Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
GRAN GALA DA CAZA RFEC
Os galegos Gómez Cortón e Macías Estevez, galardoados pola RFEC
30/3/2011

O ex-Presidente da Federación Galega de Caza, José María Gómez Cortón e o xornalista galego Luís Macías Estevez, recibirán sendos recoñecementos pola sua traxectoria nos seus respectivos campos.

O vindeiro 21 de maio a Real Federación Española de Caza celebrará, como cada ano, o seu evento federativo máis relevante: a Gran Gala de la Caza, que este ano acollerá a sede do Círculo de Bellas Artes, en Madrid.

Neste acto a RFEC fai anualmente entrega de diversos premios e recoñecementos a aquelas persoas e institucións que levaron a cabo unha labor importante a favor da caza, ben pola sua relación directa coa mesma ou ben por relacionarse con ela de calquera outro xeito, sempre axudando a que a actividade cinexética continúe o seu avance e mellora.

Cun xurado composto polo Presidente da RFEC, Andrés Gutiérrez, os presidentes autonómicos da Comunidade Valenciana, Juan Quiles; de Andalucía, José María Mancheño e de Cataluña, Francisco Piera, xunto con outros especialistas do mundo xurídico e periodístico relacionado coa caza, e mais o Secretario Xeral da RFEC, Santiago Ballesteros tiveron a ben premiar a dous galegos.

Por una banda, e a proposta da Federación Galega de Caza, o seu ex-Presidente José María Gómez Cortón recibirá a Insignia de Ouro da RFEC, en recoñecemento á sua traxectoria adicada á caza e aos cazadores galegos ao fronte da FGC, na que ocupou dende o ano 1996 diversos cargos ata abandonar a Presidencia o pasado mes de xaneiro. Referente no mundo da caza tanto a nivel autonómico como estatal, ocupou diversos cargos en institucións relacionadas coa actividade cinexética e deportiva, tanto na RFEC como en MutuaSport, ou na UFEDEGA (Unión de Federacións Deportivas Galegas).

Por outra banda, o xornalista galego Luís Macías Estevez recollerá o premio á mellor labor periodística especializada en caza, pola sua ampla traxectoria profesional, especialmente en Galicia, con presenza en diversas publicacións especializadas en radio e televisión, e a realización de múltiples artigos e entrevistas. Macías é ademais promotor de Periodipesca, congreso de xornalistas especializados en caza, pesca e natureza e que cada ano se celebra en diversas localidades galegas con grande éxito e que celebra este ano a sua décimo novena edición.

A máxima institución cinexética nacional recoñece así o traballo destes dous cazadores galegos, poñendo en relevancia a súa dedicación e esforzo en prol do mundo da caza nas suas respectivas vertentes.
 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

CURSO ARCO
02/04/2024
I Curso Formativo de Cazador Arqueiro Cualificado

CURSO FORMACIÓN
24/10/2023
Curso sobre a cría da perdíz

FESTA DA CAZA DE RODEIRO
18/11/2019
A climatoloxía non puido coa Festa da Caza de Rodeiro

CANS DE CAZA EN LALÍN
17/06/2019
II Exposición de Cans de Caza de Lalín


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza