A asociación Mulleres Deportistas Galegas (MUDEGA) celebrará o vindeiro venres 25 de marzo, en Pontevedra, a Iª Gala do Deporte Feminino en Galicia, na que pretenden premiar o esforzo e adicación de aquelas persoas e entidades que colaboran activamente para promover o deporte feminino galego, moitas delas dun xeito totalmente anónimo, para darlle o merecido recoñecemento á sua labor.
MUDEGA é unha asociación sen ánimo de lucro que naceu en marzo de 2008 en Santiago de Compostela, co espírito de fomentar a participación das mulleres no ámbito do deporte e promover a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres neste eido. Actualmente está presidida por Pilar Neira Martínez, seleccionadora galega de fútbol.
A Federación Galega de Caza, como entidade deportiva, ven de propoñer as súas candidaturas a cada un dos recoñecementos que nesta gala se farán entrega. A grande cantidade de propostas que o mundo cinexético aporta pon de releve o excelente nivel feminino que a Federación en concreto e a caza en xeral posúen nas súas filas.
O listado de propostas da FGC quedou configurado do seguinte xeito:
• Mellor directivo/a:
DNA MARIA CRISTINA SANMARTÍN PORCA (Presidenta do Club Amigos dos Cans de Caza e Vicesecretaria da FGC na Coruña)
• Mellor deportista feminina
DNA ANA ISABEL ARBIOL LEDESMA (actual Campiona de España de San Huberto)
• Mellor equipo feminino
DNA MARÍA LUISA RODRÍGUEZ RODRÍGUEZ e DNA MARÍA DOLORES BUGARÍN CODESEDA da SELECCIÓN GALEGA DE PERCORRIDOS DE CAZA CON ARCO (Campiona de España en Arco Tradicional e Medalla de Bronce en Arco Asistido, respectivamente)
• Medio de comunicación amigo do deporte feminino
DIARIO DE PONTEVEDRA
• Premio á traxectoria
DNA MARÍA DEL CARMEN IGLESIAS COMESAÑA (Campiona do Mundo co Equipo Español de San Huberto en 2004, e varias veces entre as mellores de España da modalidade)
• Mellor árbitro ou xuíza
DNA MARÍA DEL MAR PÉREZ VÁZQUEZ (Xuíza Nacional de San Huberto, primeira e única xuíza galega de categoría nacional da modalidade, sendo un referente como xuíza da modalidade na dcada dos 90)
• Entidade privada máis colaboradora co deporte feminino
C.B. ARXIL (Club deportivo de baloncesto feminino, con máis de 26 anos de historia)
• Mellor adestrador/a feminino
DNA ISABEL NEGREIRA CHAVES (adestradora de cans campións de caza)