O pasado domingo 8 de agosto celebrábase unha nova edición da Feira de Cans de Ordes, que tiña lugar no recinto feiral de Mesón do Vento, en Ardemil. Esta décimo oitava edición é a consolidación como unha das feiras de cans máis importantes de España, e así o certificaban expositores de artigos cinexéticos procedentes de Barcelona, Toledo ou Albacete, habituais na meirande parte dos certames a nivel nacional, que se sorprendían do grande número de cans no recinto e a cantidade de público asistente. Estes invitaban á sua vez aos organizadores a que contaran cos medios de comunicación a nivel nacional xa que a feira de Ordes é a gran descoñecida noutras comunidades.
Este ano pasaron control máis de 2.800 cans de diferentes razas, dos cales arredor dun 75% eran de caza maior, sendo algunhas xaurías de Asturias, Castela León ou Galicia. Ao remate da xornada o concellal de Promoción Económico e Turismo do concello de Ordes, Luis Gómez Candal, quen resaltaba xunto co Presidente da Federación Galega de Caza na Coruña, Manuel Saa Casariego, procedían á entrega de premios dos mellores exemplares da feira.
- Mellor lote caza maior: Sabuxos españois de Álvaro Fernández, de Cudillero (Asturias).
- Mellor can caza maior: “Titán de Soñar”, Gran vendeano de Juan Vecino (Lugo)
- Mellor can caza menor (pluma): “Boss de Ventos do Garzal”, Setter inglés de Sonia García
- Mellor can caza menor: “Duncan”, Petit Basset Vendeano de Noelia Barcía Umbón
- Mellor lote caza menor: Beagle de Luios Maceda, de Burela (Lugo)