III Batida Feminina en Pol
A terceira edición da Batida Feminina celebrouse con maior éxito que as edicións anteriores xa que o número de monteiras participantes foi superior, contando con monteiras chegadas de tódolos recunchos galegos e da veciña Asturias. Unha mostra máis da esencial e cada vez máis común presenza da muller na actividade cinexética, feito que fortalece o sector e impulsa o futuro da caza.
O evento contou, entreoutros, coa colaboración do Tecor lucense Amigos da Natureza e a Federación Galega de Caza. Luis Eusebio Fidalgo, presidente da FGC, quixo estar presente apoiando este tipo de iniciativas na que destacou o papel da muller na caza ao tempo que alentaba a que este tipo de xornadas se realicen por todo o territorio galego para dar valor á caza social e ao futuro da mesma nestes tempos tan convulsos para o sector no que temos que estar todos unidos.
Dende a FGC agradecer o traballo e colaboración de todos os que fixeron posible este evento, destacando o papel da cazadora Marina Goiriz como impulsora da xornada e a José María Magide presindete do Tecor Amigos da Natureza que fixo todo o posible para levalo a cabo.
No tocante á caza, as 30 monteiras desfrutaron dos rastros, das ladras e dos lances cinexéticos que remataba con duas capturas e unha cea a cargo das Mulleres Rurais Olvido de Pol. Cea que permitiu vivir novamente os lances da xornada e dar os primeiros pasos para a organización da cuarta edición.