O pasado sábado, 28 de setembro, desputouse en Castillejo de Robledo o XXVI Campionato de España de Percorridos de Caza con Arco.
A proba desenrolouse no Centro Integral de Estudos e Prácticas Cinexéticas da Real Federación Española de Caza e unha nutrida selección galega de arqueiros foi quen de colleitar grandes resultados para Galicia.
Estes foron os resultados máis destacados da selección galega:
- Junior Tradicional: 1º Carlota Otero, 2ª Nerea Piñeiro e 4ª Iria Boullosa
- Asistido Femenino: 2ª Dolores Bugarín e 4ª Marina Oliveira
- Long Bow: 3º Jacobo Santoro
- Asistido Masculino: 4º Jaime Villaverde, 5º Eloy Álvarez e 7º Miguel Caruncho.
Tamén Galicia aportou ao equipo de xuíces a: Rebeca Villaverde, Yolanda Curras e Beatríz Villalba.
Na xornada do domingo, o delegado autonómico de arco, Jaime Villaverde, participou na xornada de reciclaxe e acceso de instructures nacionais onde se reuniron todos os delegados nacionais e intructures de caza con arco para unha posta en común das normas e protocolos de probas e caza con arco así como unha valoración da situación actual da actividade no territorio nacional.