Os galegos e galegas estamos chamados, o domingo 18 de febreiro, a decidir o goberno galego para os vindeiros 4 anos. A caza xógase moito nestes comicios e é por iso que a FGC activou a campaña “A caza tamén vota”. Non debemos esquencer que moitas das decisións que afectan, positiva ou negativamente, á actividade son tomadas nos diferentes órganos de goberno da Xunta de Galicia.
O análise dos programas electorais e a solicitude dunha rolda de reunións coas formacións políticas foi o eixo central desta campaña “a caza tamén vota”. Dende a FGC non pedimos o voto a ninguén nin aconsellamos a quen debemos votar, eso e decisión de cada un. Nas seguintes liñas trasladamos ao cazador o resultado do análise dos programas e a información aportada polos representantes detallando o sentir de cada forza política coa caza. A partir de aquí cada un que actúe según a súa conciencia.
Partido Popular (PP)
O Partido Popular, a través da candidata número un por Lugo, Elena Candia López, atendeu a chamada da FGC e mantivo unha reunión na cal escoitou as preocupacións e propostas futuras que necesita a caza e os cazadores. O Partido Popular expresou o seu compromiso coa caza e a súa potenciación.
Candia abordou algunhas accións como a realización dos desbroces e as queimas controladas (acordo recentemente asinado entre a Consellería de Medio Rural e a FGC) non so como obxeto da loita contra os lumes se non tamén como oportunidade de recuperación de hábitats e fomento da caza menor. Así mesmo manifestou o seu compromiso político para facilitar accións de xestión e control de especies cinexéticas (xabaril, corzo e lobo) ao tempo que ve preciso un maior empuxe económico e posta en valor da carne de caza a través do seu consumo e comercialización.
Puntos que recolle o programa electoral do Partido Popular sobre a caza:
- Fomento das queimas controladas
- Loita contra especies invasoras e o control de especies autóctonas como o xabaril e o lobo polos danos que causan
- Ampliar ata 5 anos a validez da licenza de caza
- Instalación de locais intermedios para o procesamente da carne de caza maior
Bloque Nacionalista Galego (BNG)
A forza nacionalista non deu resposta a solicitude dun encontro coa FGC e non tivo a ben reunirse para informar do sentir do BNG coa caza.
Pero dende o ente federativo analizouse o programa electoral do Bloque Nacionalista Galego no que se visualizan puntos pouco favorables para a caza:
- Reconsideración xurídica da caza, vetando a munición de chumbo e aumentando as esixencias para a obtención dunha licenza
- Prohibición da práctica ou participación na caza ás persoas menores de idade, de acordo ao criterio superior de protección da infancia e da adolescencia
- Especial control de cans empregados para actividades cinexéticas
- Limitación das batidas de control da fauna salvaxe
Partido Socialista (PSOE)
O PSOE deu resposta ao posible encontro coa FGC pero este no foi posible por motivos de axenda do candidato a presidencia ou candidatos provinciais.
Nembargantes estes son o puntos que recolle o programa electoral do Partido Socialista sobre a caza:
- Establecerase o Rexistro galego de aproveitamentos da calidade cinexética, así como o uso do distintivo «Calidade Cinexética de Galicia».
- Convocar e axilizar as axudas as federacións e clubes
- Traballo coordinado cos eurodiputados para influir nos asuntos importantes para Galicia que se deciden en Europa
VOX
Manuel Fuentes, candidato por Coruña, e Álvaro Díaz-Mella candidato á presidencia, acudiron ao encontro coa FGC trasladando un apoio firme e decidido de VOX á actividade cinexética. Ao tempo que tamén informaron aos directivos da FGC da súa intención de crear unha licencia de caza única para todo España, unha rebaixa das tasas por licenza e impulsar a derogación da lei de benestar animal, como así se pon de manifesto no seu programa electoral.
PODEMOS
Podemos Galicia non deu resposta a solicitude dun encontro coa FGC e non tivo a ben reunirse cos cazadores.
Puntos que recolle o programa electoral de Podemos que afectan aos intereses da caza e os cazadores galegos:
- Revisión do Plan de Xestión do lobo, atendendo a conservación e a convivencia e eliminalo do listado de especie cinexética de Galicia
- Nova Lei de Protección Animal máis restrictiva e con endurecemento do catálogo de sancións
- Prohibir o uso de munición de chumbo en actividades cinexéticas e da caza de especies animais con algún grao de protección
- Prohibición de participación e exposición de persoas menores de idade na caza
- Nova Lei de Caza e Pesca deportivas
- Xestión da caza baixo criterios científicos e utilización exclusiva de sistemas de caza e pesca absolutamente respectuosos coa conservación da biodiversidade.
- Ampliacións dos Comités de Caza e Pesca para tódolos axentes sociais
- Establecer controis preventivos de alcol e drogas aos portadores de armas
- Aumentar a idade legal para obter a licenza de caza aos 18 anos.
- Suprimir os campionatos como práctica deportiva e negación de calquera axuda pública a estas probas cruentas cando se utilicen animais.
- Incremento das franxas de seguridade na caza
- Obrigación do empleo de censos científicos independentes para autorizar plans de ordenación cinexética.
SUMAR
Dun xeito semellante á formación morada, o partido Sumar Galicia non deu resposta a solicitude dun encontro coa FGC e non tivo a ben reunirse cos cazadores.
Unha vez analizado o seu programa electoral vemos un choque frontal co desenrolo e potenciación da actividade cinexética.
- Prohibición das “competicións de caza de raposo” e calquer subvención a actividades cinexéticas con fondos públicos.
- Limitar a idade legal a 18 anos para a participación en calquera actividade de caza, incluso a promoción de actividades e visualización de vídeos e documentais onde aparezan imaxes de caza para os menores.
- Non se permitirá a exposición ós menores de idade a actividades como a caza.
- Elaborar un novo Plan para a xestión de convivencia co lobo e o Oso Pardo para asegurar a súa conservación e convivencia.
- Eliminación do lobo como especie cinexética de Galicia.