Campionato Galego de Caza con Arco ao Voo
O 20 de agosto, acontinuación da desputado do Campionato Galego de Percorridos de Caza con Arco, tivo lugar o Autonómico de Arco ao Voo.
Este campionato contou coa organización da Federación Galega de Caza e a esencial colaboración e traballo do Clube Cazarco.
Na localidade pontevedresa de Pazos de Borbén desputouse o Campionato Galego de Caza con Arco ao Voo coa presenza de 5 parellas de cazadores cos seus respectivos cans de mostra. Cans nos que a raza setter foi a elixida por todos. Destacar a presenza dunha parella formada por Marina e a moza Paula que se estreou nesta modalidade.
O Campionato realizouse sobre perdiz sementada a cal deu moita guerra aos 10 participantes e as altas temperaturas tampouco facilitaron o traballo dos cans. A proba contou coa presenza do presidente provincial da FGC, Francisco Couselo, que fixo entrega dos premios aos campións e aos seus cans.
Clasificación:
1- Javier Lesende e Ismael Figueroa con “Blas”
2- Paula Formoso e Marina Oliveira con “Pepa”
3- Jacobo Santoro e Orlando Aboy con “Vela”
Este campionato contou co patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte, Proyecta Galicia e Mutuasport.