Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
GALEGO DE PERCORRIDOS ARCO
Campións galegos de percorridos con arco
22/08/2023

XXIII Campionato Galego de Percorridos de Caza con Arco

O pasado domingo 20 de agosto celebrouse o XXIII Campionato Galego de Percorridos de Caza con Arco na localidade de Soutomaior - Pontevedra. Unha proba na que participaron un total de 38 arqueiros e que foi a derradeira tirada que pechaba a tempada e daba a coñecer os representantes galegos para o Campionato Nacional a celebrar en Soria o vindeiro 24 de setembro.

Este campionato contou coa organización da Federación Galega de Caza e a esencial colaboración e traballo do Clube Cazarco. Coma sempre, os participantes pasaron unha entretida mañá no campo de tiro da sociedade sito en Candán, resolvendo un circuito de 8 propostas de caza: asexos, postos elevados de caza maior e menor, etc. o que fixo que os participantes non tivesen tempo para aburrirse. Destacar a participación de 8 mulleres, 4 nenas e 1 neno,  feito que amosa o aumenta da paixón polo arco, nun sector predominantemente masculino.

Terminada a proba, os participantes e acompañantes gozaron da  tradicional comida e posterior entrega de trofeos aos premiados por parte do delegado autonómico e presidente da sociedade Cazarco, Jaime Villaverde.

Resultados da derradeira proba da tempada de percorridos de caza con arco:

- Arco Asistido Masculino: 1 Jaime Villaverde, 2 Eloy Álvarez Couñago e 3 Miguel Caruncho Campanario.

- Arco Tradicional Masculino: 1 Jacobo Santoro Lorenzo, 2 Herminio López Noval e 3 Antonio Vega Talegon.

- Arco Asistido Damas: 1 Dolores Bugarín Codeseda, 2 María del Carmen Novoa Varela e 3 Marina Oliveira Amoedo.

- Arco Tradicional Damas: 1 Laura Fernández Crespo, 2 Maria Luz Tombilla Escudero e 3 Carolina Comesaña.

- Arco Junior: 1 Paula Formoso Nieto

- Arco Cadetes: 1 Carlota Otero Cayetano, 2 Nerea Piñeiro e 3 Serafín Germán Veiga.

Unha vez recollidos os resultados de todas as probas da especialidade desputadas na presente tempada, o Campionato Galego rematou do seguinte xeito:

- Arco Asistido Masculino: 1 Jaime Villaverde Balado, 2 Miguel Caruncho Campanario e 3 Eloy Álvarez Couñago.

- Arco Tradicional Masculino: 1 Jacobo Santoro Lorenzo, 2 Herminio López Noval e 3 José García Gómez.

- Arco Asistido Damas: 1 Dolores Bugarín Codeseda, 2 Marina Oliveira Amoedo e 3 María del Carmen Novoa Varela.

- Arco Tradicional Damas: 1 Laura Fernández Crespo, 2 Maria Luz Tombilla Escudero e 3 Eva Davila Rodal.

- Arco Junior: 1 Paula Formoso Nieto

- Arco Cadetes: 1 Carlota Otero Cayetano, 2 Nerea Piñeiro e 3 Iria Boullosa Currás.

Este campionato contou co patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte, Proyecta Galicia e Mutuasport.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

PROVINCIAL LUGO CAZA ARCEAS
25/11/2024
Manuel Rodríguez coa setter “Huma do Yelsar” gañador en O Corgo

CAZA MENOR
04/11/2024
Alfonso García coa setter “Jara” proclamouse Campión Galego de Caza Menor en Portomarín

CAMPIONATO XUNTA GALICIA CAZA MENOR
30/10/2024
Clasificados para o Autonómico de Caza Menor con Can

CAMPIONATO XUNTA GALICIA CETRARÍA
29/10/2024
Os mellores cetreiros na Terra Chá


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza