V Campionato Galego de Field Target
O domingo 18 de setembro o Campo de Tiro Río Sar acollía a quinta edición do Campionato Galego de Field Target organizado pola Federación Galega de Caza e contando coa colaboración da Asociación Galega de Tiro de Campo e a Sociedade Deportiva Río Sar.
Tiradores chegados dende diferentes puntos da xeografía galega e asturiana desputaban os títulos de campións galegos nas categorías de Pistón e PCP. Foi a segunda edición que se desputa nas instalacións de Río Sar e as sensacións, ao igual que ocorreu o ano pasado, foron satisfactorias.
Moi boas condicións climáticas e con escaso vento, moi importante no desenrolo desta disciplina, acompañou aos tiradores da competición que amosaron ao público existente un alto nivel de precisión no tiro ao enfrontarse a 50 siluetas repartidas en 25 “calles” e a unhas distancias de tiro de ata 50 metros.
Na categoría de Pistón o primeiro clasificado e polo tanto campión galego foi Pablo Val Lago con 14 puntos. O segundo caixón do podio era para Antonio López-Niño Pérez con 13 puntos.
Na modalidade de PCP e na categoría de menos de 16 xulios o título de campión galego era para Javier Chantada Abal con 34+2 puntos. David González Pérez facíase coa prata con 34+1 puntos. Con 34 puntos, remataba en terceira posición Luis Miguel Gutiérrez Merayo.
Na categoría de máis de 16 xulios o campión era Jose Luis Vascuas Martínez con 41 puntos namentras que Daniel David Pérez Villar era o subcampión con 35 puntos. O bronce era para Ángel Chantada Pérez con 31 puntos
A entrega de premios puxo o punto e final a esta quinta edición do Campionato Galego de Field Target. Un campionato que contou co patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte e Mutuasport.