Unha vez publicada a Orde Vedas que determina todo o ordeamento da vindeira tempada cinexética, estes son algúns dos apuntamentos de interese:
- Tempada xeral: Do 16 de outubro de 2022 ao 6 de xaneiro de 2023.
- Arcea e agacha: Durante a tempada xeral e tamén poderá estar habilitada a súa caza ata o 12 de febreiro de 2023.
- Lebre: Dende o 16 de outubro ata o 27 de novembro de 2022.
- Raposo: Durante a tempada xeral e tamén en batida durante o 1 de setembro ao 15 de outubro de 2022 e do 7 de xaneiro a 12 de febreiro de 2023.
- Corzo: machos en batida dende o 20/08/22 ao 15/10/22. Femias de corzo manteñen as mesmas condicións cinexéticas que no exercicio anterior. Corzas en batida dende 03/09/22 ao 15/10/22 ou no periodo entre o 07/01/23 ao 18/02/23
- Xabaril: Do 20 de agosto de 2022 ata o 26 de febreiro de 2023.
Para consultar a Orde de Vedas detallada consulte o apartado de “Resolución de Vedas” desta mesma web: www.federaciongalegadecaza.com