Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
EN PONTE CALDELAS
A VI Montería "Á Galega" volveu resultar un éxito
9/1/2016

Tal e como estaba previsto e a modo de despedida de tempada e de benvida ao ano novo, o pasado día 7 de xaneiro celebrouse na vila pontevedresa de Ponte Caldelas a “VI Montería de Caza do Xabaril Á Galega”. Unha cacería referente nestas datas que se encargou de organizar a Sociedade locataria ”Verde Seixo” e que contou co beneplácito da Federación Galega de Caza, participado incluso na mesma os federativos, Alejandro Lorenzo Carregal e Javier Nogueira.

O exercicio, que se levou a cabo en montes de “A Pousa” e “Forzáns”,  comezárono os 41 participantes logo das 10:00 da mañá para rematalo preto das 14:00 da tarde, cun botín de tan só dous pequenos xabariles que foron capturados polo vilagarcián, Alfredo Umelet Viqueira e polo cazador local, Josiño Martínez Muíños, o que lle supoñía o “bautizo” na caza maior.

De rehaleiros “oficiaron” dous mestres da especialidade: Manolo Rial (Forcarei) e Felipe Garrido (Barbudo / Ponte Caldelas), e controlando todo o presidente social, Manolo Blanco, que non parou un intre para que todo saíse como saíu: fenomenal.

Foi, sen dúbida, e tanto no apartado meteorolóxico, como no deportivo, unha xornada de luxo, daquelas que da gusto gardar no baúl dos mellores recordos, na que gozaron moito e ben os cazadores, acompañantes, convidados e autoridades, rematando todo cun xantar de confraternidade celebrado como ven sendo tradicional, na Casa da Cultura “Alborada” de Caritel.

Manduca que estivo presidida polo Alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz Sobral , o que acompañaba na Mesa Presidencial a súa dona, Isabel Pregal, ademais dos mandamáis federativos da caza autonómica e provincial, Javier Nogueira e Paco Couselo; así como o presidente de “Verde Seixo”, Manolo Blanco, entre outros.

Dado que esta modalidade non está recoñecida polos estamentos competentes como competitiva, non houbo clasificación nin trofeos, pero si discursos, pois algunhas das autoridades o remate do xantar fixeron uso da palabra felicitando aos participantes polo compañeirismo e harmonía existente de principio a fin, e animáronos a seguir facendo estas xuntanzas que “tanto ben lle fan o colectivo”.

Dicir tamén, que o desenrolo desde evento venatorio foi recollido polas cámaras da Produtora “Lumavisión Galicia” e que axiña poderemos ver a reportaxe correspondente en varias canles de televisión, así como na web da Federación Galega de Caza.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

CURSO ARCO
02/04/2024
I Curso Formativo de Cazador Arqueiro Cualificado

CURSO FORMACIÓN
24/10/2023
Curso sobre a cría da perdíz

FESTA DA CAZA DE RODEIRO
18/11/2019
A climatoloxía non puido coa Festa da Caza de Rodeiro

CANS DE CAZA EN LALÍN
17/06/2019
II Exposición de Cans de Caza de Lalín


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza