Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
GRATUITO
Proxecto E4SPORT 2.0 de emprendemento en xestión deportiva dirixido a mozos de entre 18 e 30 anos
9/11/2016

A continuación, descríbese a información relativa ao proxecto E4SPORT 2.0, pioneiro en emprendemento en xestión deportiva, cofinanciado polo programa Erasmus+ da Unión Europea e polo Instituto Nacional de Mocidade (INJUVE). De carácter gratuíto, o prazo de preinscrición finaliza o 18 de novembro.

O programa está dirixido a mozos de entre 18 e 30 anos, con calquera tipo de formación previa. O obxectivo principal do mesmo é dotar aos participantes das ferramentas necesarias para crear un proxecto de negocio na área deportiva. Ademais, utilízase como unha vía para compartir as boas prácticas que foron o resultado do E4SPORT 1.0.

O programa estrutúrase en 7 talleres de formación (1 ao mes, entre novembro 2016 e maio 2017) e unha semana de intercambio (entre xuño e xullo de 2017). Nos talleres predominará a educación non formal, clave nos programas Erasmus+, e a metodoloxía e4sport, validada na edición anterior.

O E4SPORT 2.0 conta con 20 prazas dispoñibles en cada sede (Oleiros, Xixón, Valladolid e Badaxoz) para os talleres de formación. Desas 20 persoas, seleccionaranse 8 para participar na semana de intercambio, que terá lugar en Galicia. Nesta semana, celebrarase un Financial Pitch no que os participantes poderán expoñer os seus proxectos ante un grupo de posibles investidores.

 A continuación, expóñense os datos do programa de maneira detallada:

  • Obxectivo do programa: creación dun proxecto de negocio na área deportiva.
  • Modalidade: individual, en parella ou en grupo de tres persoas.
  • Prazo de preinscrición: ata o 18 de novembro de 2016.
  • Modo de preinscrición: envío de candidatura segundo formato (dispoñible en agaxedee4sport.wixsite.com/e4sport2) a agaxede.e4sport@gmail.com.
  • Prazas dispoñibles: 20 persoas por sede.
  • Sede en Galicia: Facultade de Ciencias do Deporte e a E.F. (Oleiros-A Coruña).
  • Estrutura do programa:
    • 7 talleres (un por mes), entre novembro de 2016 e maio de 2017, cunha duración de 2 horas. Prazas: 20.
    • Semana de intercambio en Galicia, entre xuño e xullo de 2017. Prazas: 8.

Para máis información:

agaxedee4sport.wixsite.com/e4sport2

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

CURSO ARCO
02/04/2024
I Curso Formativo de Cazador Arqueiro Cualificado

CURSO FORMACIÓN
24/10/2023
Curso sobre a cría da perdíz

FESTA DA CAZA DE RODEIRO
18/11/2019
A climatoloxía non puido coa Festa da Caza de Rodeiro

CANS DE CAZA EN LALÍN
17/06/2019
II Exposición de Cans de Caza de Lalín


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza