A Unión de Federacións Deportivas Galegas (UFEDEGA) organizará o vindeiro xoves, 2 de xullo, no Hotel Puerta del Camino de Santiago de Compostela, unha xornada onde diversos expertos xurídicos, deportivos, sanitarios, etc reflexionarán sobre o seguro de accidentes deportivos.
Esta xornada estará dirixida tanto a Federacións Deportivas como a Sociedades Deportivas, e contará, entre outros, con Javier Vergés, Director Xerente de Mutuasport, a Mutua dos cazadores, que expoñerá as características e vantaxes do seguro federativo de caza.